Proxecto Educación Responsable

EDUCACIÓN EMOCIONAL A TRAVÉS DE ARTISTAS E CONTOS

Enviado por Anónimo o Mar, 29/05/2018 - 13:46

Nas aulas de infantil traballamos as emocións dentro do proxecto do centro “Emocionarte": somos creativos”

Dentro do museo que se creou no centro, a nosa sala foi bautizada polos nenos e nenas como “Estrela Polar” (3 anos), Sala Arco da Vella (4 anos) e Con ollos de artista (5 anos).

A medida que o curso foi avanzando, fomos traballando diferentes artistas: FridaKahlo, JoanMiró, Vivaldi, Berlioz, Edgar Degas, Mahler... 

Algúns dos libros traballados foron Monstro de Cores, Simón Corazón de Camaleón, Así es mi corazón...

No blogue de Educación infantil podedes ver as actividades realizadas e o audiolibro do conto Así es mi corazón na seguinte ligazón.

 

http://infantilseisdonadal.blogspot.com.es/2018/05/asi-es-mi-corazon.html

 

Qué mellor maneira que traballar as emocións que non sexa a través do circo, nun espéctaculo no que podemos vivir diferentes emocións, a ledicia que transmiten os pallasos, a dulzura dos bailaríns, o medo aos leóns e a coraxe dos domadores e equilibristas, o asombro da maxia… todas elas unidas nun espéctaculo realizado por 50 nenos e nenas de 4 anos.

http://infantilseisdonadal.blogspot.com.es/2018/01/o-circo-de-nadal.html

Ademáis quixemos levar esa maxia e alegría a un lugar onde ás veces sentímonos sós, tristes e desesperanzados como é nos hospitais, alí representamos para os nenos que por motivos de saúde están ingresados e para as súas familias o noso circo da fantasía e conseguimos roubar máis dun sorriso.

 

http://infantilseisdonadal.blogspot.com.es/search/label/4%20anos

 

ENCONTRO SOMOS CREATIVOS. CORO DAS EMOCIÓNS

Enviado por Anónimo o Mar, 29/05/2018 - 11:38

O vindeiro venres día 1 de Xuño o noso cole participará nun encontro en Santiago de Compostela con outros centros galegos que desenvolven  o programa de educación responsable no terceiro ano.

Ala nos representará o alumnado de 4º co seu traballo no coro das emocións.

 Intrerpretarán dúas pezas Calypso  e Caribú, edesexamos que o fagan tan ben como xa o fixeron no festival de Nadal

 

https://drive.google.com/file/d/1799PJ-eKrC1b5vX3i-bpic0Ld2yqmkRC/view?usp=sharing

REFLEXARTE

Enviado por Anónimo o Mar, 29/05/2018 - 11:26

Comezamos a nosa primeira aproximación á artista coa que traballaremos este curso. Julie Mehretu.

Como primeira actividade  a clase encheuse de obxectos herdados cunha grande carga emocional e afectiva para todas e todos nós.

O igual que facía Julie pescudamos no noso pasado e traemolo ao noso día a día

As nosas familias avoas tataravoas bosavos irmáns tíos curmáns estiveron con todos nós.

No seguinte enlace  disfrutaredes dunha peliculiña feita con eses obxectos

https://drive.google.com/file/d/15arE8ukcuVIqey0fDRREV3Lk-toZayS1/view?usp=sharing

 

Somos creativos

Enviado por Anónimo o Mar, 29/05/2018 - 11:19

Como froito da profundización no desenvolvemento da creatividade xurdiron estas dúas obriñas de teatro, na que emocións e temas de actualidade unénse, para  goze dos espectadores.

ARBORES de 6º Ahttps://drive.google.com/file/d/1VyNl_0q2loo2fW1rP5RyeLw3YbzvsLc7/view?usp=sharing

 

UNHA CLASE DIFERENTE de 6ºB

https://drive.google.com/file/d/1Jd0g7a24SEWkTPjfmN4EuYdAE0ocRYEZ/view?usp=sharing

CORO DAS EMOCIÓNS

Enviado por Anónimo o Mar, 29/05/2018 - 11:11

Do noso traballo co recurso Coro das emocións  poidemos desfrutar destas actuacións no festival de nadal.

No seguinte enlace atoparedes a actuación dos nenos e nenas de 2º

https://drive.google.com/file/d/1t9XEA9z0S8uJj5melNr0-pYOrFxWZEcm/view?usp=sharing

CORO DAS EMOCIÖNS

Enviado por Anónimo o Lun, 28/05/2018 - 23:38

Froito do traballo co recurso de coro das emocións  resultarón estas actuacións coas que poidemos desfrutar no festival de nadal.


Os nenos e nenas cantaron dúas pezas que poidedes ver no seguinte enlaces

https://drive.google.com/file/d/1EcDOaedweqT6CCtUPwCgMT1yNNyMrrps/view?usp=sharing

 

https://drive.google.com/file/d/1EcDOaedweqT6CCtUPwCgMT1yNNyMrrps/view?usp=sharing

 

https://drive.google.com/file/d/1mqdfSngtina7W5Sw_8JmuShsKDlD9EmV/view?usp=sharing

O SAMAÍN NO SEIS

Enviado por Anónimo o Mar, 07/11/2017 - 14:39

Con motivo da celebración do Samaín, estivemos a traballar unha das emocións máis básicas: o medo. Para iso, e contando coas aportacións das cabazas elaboradas polos nenos e nenas preparamos unha sala do medo, decorada con motivos terroríficos, ambientada con sons... 

A escuras e únicamente coas caveiras iluminadas con velas, o alumnado foi acompañado pola Santa Compaña para facer un percorrido pola sala. 

Ao finalizar os nenos e nenas obtiveron un pasaporte  que simboliza que superou o medo.

Dende a biblioteca, organizouse un recuncho de medo e os maiores do cole amenizaron cuns contacontos de medo durante a pasada semana.Podedes ver máis fotos na Galería de imaxes.

REFLEJARTE

Enviado por Anónimo o Dom, 28/05/2017 - 23:17

Despois de moitas sesións achegándonos a Joan Jonas e inspirados nas nosas viaxes polo mundo

Esta e performance de 2º A. 

 

https://drive.google.com/open?id=0B2HFEbPujAKpN2ZNNVBEdU1DSkE

https://drive.google.com/open?id=0B2HFEbPujAKpUWJ6emlUdEdWWTQ

MÁIS SOMOS CREATIVOS

Enviado por Anónimo o Xov, 11/05/2017 - 22:30
Vos deixamos outro video de cosecha propia sobre a actuación en Santiago para que o podades de ver dende outro ángulo.
 
 

XORNADA SOMOS CREATIVOS ENCONTRO INTERCENTROS

Enviado por Anónimo o Mar, 09/05/2017 - 09:18
O pasado 28 de Abril e como colofón do traballo do recurso de literatura e emocións, acudimos a un encontro intercentros no que representamos o noso traballo do libro A QUE SABE A LÚA, "The taste of moon".
 
Fixemolo senial e disfrutamos moito coa actividade.
 
No seguinte enlace poderedes atopar a nosa actuación.
 
 
Se queredes ver as actuacions dos outros centros e os videos de todo o acto, clicade neste outro enlace.
 
 
 
Distribuir contido