EDUCACIÓN EMOCIONAL A TRAVÉS DE ARTISTAS E CONTOS

Enviado por Anónimo o Mar, 29/05/2018 - 13:46

Nas aulas de infantil traballamos as emocións dentro do proxecto do centro “Emocionarte": somos creativos”

Dentro do museo que se creou no centro, a nosa sala foi bautizada polos nenos e nenas como “Estrela Polar” (3 anos), Sala Arco da Vella (4 anos) e Con ollos de artista (5 anos).

A medida que o curso foi avanzando, fomos traballando diferentes artistas: FridaKahlo, JoanMiró, Vivaldi, Berlioz, Edgar Degas, Mahler... 

Algúns dos libros traballados foron Monstro de Cores, Simón Corazón de Camaleón, Así es mi corazón...

No blogue de Educación infantil podedes ver as actividades realizadas e o audiolibro do conto Así es mi corazón na seguinte ligazón.

 

http://infantilseisdonadal.blogspot.com.es/2018/05/asi-es-mi-corazon.html

 

Qué mellor maneira que traballar as emocións que non sexa a través do circo, nun espéctaculo no que podemos vivir diferentes emocións, a ledicia que transmiten os pallasos, a dulzura dos bailaríns, o medo aos leóns e a coraxe dos domadores e equilibristas, o asombro da maxia… todas elas unidas nun espéctaculo realizado por 50 nenos e nenas de 4 anos.

http://infantilseisdonadal.blogspot.com.es/2018/01/o-circo-de-nadal.html

Ademáis quixemos levar esa maxia e alegría a un lugar onde ás veces sentímonos sós, tristes e desesperanzados como é nos hospitais, alí representamos para os nenos que por motivos de saúde están ingresados e para as súas familias o noso circo da fantasía e conseguimos roubar máis dun sorriso.

 

http://infantilseisdonadal.blogspot.com.es/search/label/4%20anos