Orde que regula a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos. Anexo II Admisión de alumnado en centros sostidos con fondos publicos.

Prazo de presentación das solicitudes será do 1 ao 20 de marzo.

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/7861

 Anexo II de admisión de alumnado ED550B ou a través da aplicación <<admisionalumnado>>

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Cubrir anexo A.

Ver arquivo adxunto  VACANTES 2017/18.

Ver arquivo adxunto sorteo letra

Horario de atención ao público:

De 9:00 a 14:00 todos os días.

 Documentación a aportar xunto a presentación de solicitude:

  • Empadroamento conxunto.
  • Libro de familia e copia para compulsar de todas as follas escritas. Condición de familia numerosa.
  • DNI do neno/a se ten e o dos proxenitores.
  • En caso de discapacidade presentación de minusvalía de alumno/a,  pais, irmáns ou titores legais.
  • Separación (convenio regulador, divorcio,....)
  • Familia monoparental, viuvos.
  • Téñase en conta que as casiñas da declaración da renda necesarias para calcular a renda pér cápita son as casiñas 380 e 395 da declaración da Renda do 2015. O IPREM é 6.390,13€.

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO: NAI/PAI EXALUMNO/A DO CENTRO CEIP  SEIS DO NADAL

Pódedes entrar na páxina do Concello de Vigo para comprobar a zona que vos corresponde.

http://www.escolasvigo.org/mapas

 Para calquer dúbida poden chamar o teléfono de secretaría 886120180

Tags: Información

XORNADA DE PORTAS ABERTAS


CONSELLERÍA DE CULTURA EDUCACIÓN E ORDENACIÓN  UNIVERSITARIA                        C.E.I.P Seis do Nadal 

          http://centros.edu.xunta.es/seisdonadal                                                                             R/ Mondariz Nº 2    36209-Vigo          

          email: cep.seisdonadal@edu.xunta.es  

                                                        

                                                          ¡¡¡ XORNADAS PORTAS ABERTAS!!!

      CURSO  2017/18 

     

O 7 DE Marzo  único día  das Xornadas de Portas Abertas para todas as familias interesadas en coñecer o noso centro.

As visitas están organizadas en TRES sesións:

POLA MAÑÁ:          Ás 10:00 h

                                                          Ás 12:30 h

POLA TARDE:       Ás 18:00 h

 

NOTA:      NON É NECESARIO PEDIR CITA, PROCURADE SER PUNTUAIS.

GRAZAS.

Tags: Notas informativas, Secretaría

DÍA MUNDIAL DOS HUMEDAIS

O día 2 de Febreiro, celebramos no colexio, o día Mundial dos Humedais. Cunha actividade proposta pola Concello para o alumnado de 3º e 4º de Primaria, para concienciarnos da importancia do coidado e conservación dos Humedais da nosa Cidade, coñecendo a súa flora e fauna, a través de diferentes obradoiros, nos cales os rapaces ían disfrazados de animais, como a píntega, a rá, a libélula, etc. Contamos para actividade coa presenza do Alcalde, Abel Caballero, quen recordou aos máis pequenos a importancia do coidado dos mesmos.

   

 

Tags: Novas

CONMEMORAMOS O DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

O pasado luns 30 de xaneiro todos as alumnas e alumnos do centro xuntámonos no pavillón para conmemorar o día da paz e da non violencia. Formando un arco da vella coas nosas mans e baixo o lema TODOS BAIXO O MESMO SOL. Ao rematar o acto cada un cada un aportou o seu sorriso para formar un gran sol.


Tags: Novas

ORDE do 25 de xaneiro de 2017

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O alumnado de sexto do noso centro que pretenda continuar estudos no centro de adscrición IES ALEXANDRE BÓVEDA, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no  CEIP SEIS DO NADAL  ou a través da aplicación«admisionalumnado»https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I desta orde. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 e 15 de febreiro de cada ano.

NOTA: Adxuntamos en arquivo a orde do 25 de Xaneiro e o formulario normalizado (ED550A).

Para calquer dúbida chamar a secretaría 886120180

Tags: Notas informativas, Documentos

EDUCACIÓN RESPONSABLE. CORO DAS EMOCIÓNS 2016

PROXECTO DE EDUCACIÓN RESPONSABLE

CORO DAS EMOCIÓNS- EDUCACIÓN RESPONSABLE 2016

Canción es de noche(vídeo)

Canción Gaudeamos(vídeo)

Canción Chámome don polbo(vídeo)

Tags: Proxecto Educación Responsable, Proxecto Educación Responsable

A BIBLIOTECA NO NADAL

 

    

En decembro con motivo do Nadal, o alumnado e o profesorado do equipo da biblioteca crearon un recuncho acolledor de lectura: butaca,chiminea e adornos. Noutro recuncho temos, novidades, os libros de nova adquisición.
A gozar estes días cunha lectura dun bo libro en  NADAL!

 

 

Tags: Novas

HISTORIAL ACADÉMICO DOS ALUMNOS/AS QUE MARCHARON AO INSTITUTO

Os alumnos e alumnas que remataron con nós a etapa de Educación Primaria, poden vir recoller o seu historial académico.

Tags: Notas informativas, Secretaría

SAMAÍN VIAXEIRO

Unha vez máis enchéuse a entrada do cole de cabazas de todas as partes do mundo para conmemorar o Samaín. Grazas a todas as familias pola súa creativa participación.

ç

Tags: Novas

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR

CIRCULAR INFORMÁTIVA  da elección dos representantes de nais, pais ou titores legais do alumnado ao consello escolar en arquivo adxunto.

Tags: Notas informativas