Notas informativas

FONDOLIBROS 2023/2024

Enviado por admin o Ven, 07/07/2023 - 12:11

REUNIÓN INICIAL EDUCACIÓN INFANTIL

Enviado por admin o Xov, 22/06/2023 - 09:49

 

NOTA: Pregámosvos asistencia sen crianzas xa que vai dirixida a adultos.

Moitas Grazas

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2023/24

Enviado por admin o Xov, 22/06/2023 - 00:00

 

Formalización matrícula en Educación Infantil e Primaria 20 – 30 de xuño

 

 Estimadas familias o prazo para formalizar a matrícula vai dende 20 ao 30 de Xuño. Tedes que aportar a seguinte documentación:

 

1. Cubrir o Anexo III ( o podedes descargar do arquivo adxunto ou vir buscalo ao centro pola porta principal a partir das 9:00 sen cita previa) ou premer no enlace

 

 2. Catro fotos tamaño carnet para infantil e dous para primaria.

 

3. Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

 

4. Cadro de vacinación do alumno/a.

 

5. Especificar Alerxias e medicación se procede.

 

6. Se o alumn@ se matricula en Educación Primaria: Certificación do centro de procedencia que especifique se promociona ou non.

 

NOTA: Cambio de Atención Educativa/Valores sociais e cívicos/Relixión católica.

 

 

BECAS PARA ALUMNADO CON NEAE ( DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ÁNXELES )

Enviado por admin o Xov, 22/06/2023 - 00:00

Convocatoria de bolsas para alumnado con NEAE  para o curso 2023/24. Prazo de presentación de solicitudes: do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023. Enlace

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR . EDUCACIÓN PRIMARIA. CURSO 2023/24

Enviado por admin o Sáb, 27/05/2023 - 18:16

 

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). Prema enlace

 

Prazo de presentación : Dende xa ata o  21 de xuño (incluído) de 2023.

 

Presentaranse preferentemente por vía electrónica accedendo á aplicación

 Fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros , unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo asi o número de solicitude, e posteriormente poderan optar polas seguintes formas de presentación: 

      Presentación no centro educativo: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentacion (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación). 

   Presentación a través da sede electrónica da  Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

  Presentación  en secretaría do centro cubertos os anexos I e II podedes descargalos ou vir buscalos ao centro de 9.30 a 14.00.   Descargar anexos

 

     NOTAPara a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

      AVISO IMPORTANTE: O alumnado que vai o instituto adscrito e tod@s os que xa están admitidos teñen que entregalo no seu IES. Os que non teñen centro asignado o tedes que entregar no colexio.

 

 

 

 

        

DESCOBRE O PODER DA TECNOLOXÍA NOS NOSOS OBRADOIROS DE ROBÓTICA, PROGRAMACIÓN E REALIDADE AUMENTADA

Enviado por Anónimo o Sáb, 06/05/2023 - 19:54

        Temos o pracer de informar que organizamos unha serie de actividades innovadoras e emocionantes para os nosos ALUMNOS E ALUMNAS e as súas FAMILIAS. Desde obradoiros de pensamento computacional, robótica e programación, ata a creación de proxectos de realidade aumentada, ofrecemos un ambiente divertido e educativo para que as crianzas aprendan e se desenvolvan. O noso obxectivo é fomentar a curiosidade e o amor polo aprendizaxe nas nosas crianzas, mentres que ao mesmo tempo lles brindamos a oportunidade de compartir e disfrutar de tempo de CALIDADE  en FAMILIA. ¡Non perdas a oportunidade de unirte a nós e vivir esta emocionante experiencia! Únete a nós no colexio Seis do Nadal  e descobre todo o que temos para ofrecer.

Animádevos…vinde o este luns 8 a partir das 16.00 horas polo Seis. Agardamos por vós no colexio para unha tarde de aprendizaxe e diversión.

http://atlasdossonhos.blogspot.com/2023/05/obradoiro-para-familias.html

LISTAXE DEFINITIVO ADMITIDO CURSO 2023/24

Enviado por Anónimo o Mar, 25/04/2023 - 13:39

NOTA : ADMITIDO TODO O ALUMNADO AGÁS ÁS DUPLICIDADES E ÁS RENUNCIAS

( categories: )

LECTURA E FAMILIAS. SONIA HERMIDA....NON O PERDADES....

Enviado por ninesrey o Mér, 05/04/2023 - 00:00

Que sorpresa tan boa a do martes 11 de abril no CEIP PLURILINGÜE SEIS DO NADAL de Vigo,  Sonia Hermida  grazas ao programa Lectura e Familias,especialista en literatura Infantil cunha amplia experencia no mundo da literatura.Non perdan a oportunidade de escoitar os seus consellos prácticos e recomendacións de libros para diferentes idades.

Estamos seguros que Sonia Hermida no colexio aportará moito na promoción da lectura nas nosas crianzas, non o perdades contamos con vós....

Inscripcións en bibliotecaseisdonadal@gmail.com.

http://atlasdossonhos.blogspot.com/2023/04/lectura-e-familias-con-sonia-hermida.html

https://soniahermida.com/sonia-hermida-recien-llegada-de-omundoaoreves/

 

https://soniahermida.com/category/libros/

( categories: )
Distribuir contido