Secretaría

SOLICITUDE DE COMEDOR E GARDERÍA PARA O CURSO 2018/2019

Enviado por ninesrey o Ven, 27/04/2018 - 10:32

Xa tedes a vosa disposición as solicitudes para o comedor escolar e o servicio de gardería no centro.

Están pendentes de saír publicadas as axudas municipais de comedor e material escolar ( só para Educación Infantil).

 

 

 

Para calquer dúbida chamade a secretaría 886120180.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2018/2019

Enviado por ninesrey o Lun, 09/04/2018 - 10:51
( categories: )

Resultado do sorteo anual de letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2018/2019

Enviado por ninesrey o Mar, 27/02/2018 - 15:04

O día 27 de febreiro saíu publicado na páxina da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o resultado do sorteo anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión para o curso 2018/2019.

As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "Z" e "T"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "C" e "J".

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24326

Vacantes curso 2018/2019

Enviado por ninesrey o Mar, 27/02/2018 - 10:52

 

  VACANTES 2018 / 2019  
4º EI 5º EI 6º EI 1º PRIM 2º PRIM 3º PRIM 4º PRIM 5º PRIM 6º PRIM
44 + 6 NEEs 2 0 0 0 0 3 6 0

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ALUMNADO NOVO NO CENTRO CURSO 2018/2019.PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2018.

Enviado por ninesrey o Ven, 23/02/2018 - 19:54

NORMATIVA DE APLICACIÓN- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2ºciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006,do 3 de maio, de educación. (DOGA DO 1 DE FEBREIRO DE 2017).

PRAZO DE PRSENTACIÓN DE SOLICITUDES : DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2018

A solicitude deberá axustarse ao modelo normalizado ( modelo ED550B ). Pode descargarse desde esta páxina web ( no arquivo adxunto ) e unha vez correctamente cuberta e asinada deben presentala na secretaría do centro.

Esta solicitude será única e terá carácter vinculante.

 O impreso será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e poderá descargarse da páxina web da Consellería de Educación.

A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

 

IMPORTANTE: No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

DOCUMENTACIÓN

«O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante, alumno/a e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b) Libro de familia orixinal e fotocopias de todas as páxinas.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo

   ( certificado de matrícula do centro de orixe ).

d) No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial».

e) Padrón conxunto actualizado da unidade familiar.

 

 

 TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO NO SEGUINTE ENLACE:

  https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

 

 

 

RESERVA DE ADMISIÓN PARA O CENTRO ADSCRITO IES ALEXANDRE BÓVEDA

Enviado por ninesrey o Lun, 05/02/2018 - 17:56

 

Reserva de admisión para o centro adscrito. Do 1 ao 15 de febreiro de 2018, os responsables do alumnado que cursa actualmente o sexto curso de educación primaria, poden facer a reserva de praza no IES ALEXANDRE BÓVEDA. Deberán cubrir o anexo I adxunto e entregalo na secretaría do noso centro.

       Xúntase a Orde do 25 de xaneiro de 2017 (ver anexo adxunto) pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

REUNIÓN PARA AS FAMILIAS DOS ALUMNOS NOVOS DE TRES ANOS (4ºEducación infantil)

Enviado por ninesrey o Mér, 07/06/2017 - 17:08

 

Curso 2017-2018

 

REUNIÓN DO DPTO. DE ORIENTACIÓN COAS FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO DE 3 ANOS

                       DATA:     25 DE XUÑO DE 2019

 

                       HORA:      AS 18 HORAS

 

LISTAXES DEFINITIVOS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO CURSO 2017/18

Enviado por ninesrey o Sáb, 25/03/2017 - 19:35

Informámosvos que nos arquivos adxuntos tedes as listaxes do alumnado admitido e non admitido para o curso 2017/2018.

 

( categories: )

HISTORIAL ACADÉMICO DOS ALUMNOS/AS QUE MARCHARON AO INSTITUTO

Enviado por ninesrey o Lun, 05/12/2016 - 14:39

Os alumnos e alumnas que remataron con nós a etapa de Educación Primaria, poden vir recoller o seu historial académico.

Distribuir contido