Secretaría

FORMALIZACIÓN DE MATRICULA do 20 ao 30 de xuño

Enviado por ninesrey o Ven, 17/06/2022 - 00:15

       

Estimadas familias o prazo para formalizar a matrícula vai dende 20 ao 30 de Xuño. Tedes que aportar a seguinte documentación:

1. Cubrir o Anexo III ( o podedes descargar do arquivo adxunto ou vir buscalo ao centro pola porta principal a partir das 9:30 sen cita previa).

2. Catro fotos tamaño carnet para infantil e dous para primaria.

3. Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

4. Cadro de vacinación do alumno/a.

5. Especificar Alerxias e medicación se procede.

6. Se o alumn@ se matricula en Educación Primaria: Certificación do centro de procedencia que especifique se promociona ou non.

7. Cambio de Atencion Educativa/Valores sociais e cívicos/Relixión católica.

ADMISIÓN DE ALUMNOS E ALUMNAS PARA O ANO: 2019/2020

Enviado por ninesrey o Mar, 02/04/2019 - 17:11

Comunicamosvos que os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil (3 anos) e de 5º Educación Infantil

(4 anos) ,que fixeron o proceso de admisión están todos admitidos. Os que non están admitidos  se xurde algunha vacante pódeselle adxudicar , o centro  porase en contacto cos interesados.

Publicación das listas definitivas no arquivo adxunto.

proceso de matrícula estará aberto a partir do 3 de Xuño.

Recordade solicitar o comedor escolar neste mes de maio para o curso 2019/20.

( categories: )

REUNIÓN PARA OS USUARIOS DE COMEDOR

Enviado por Anónimo o Mar, 28/08/2018 - 20:50

O vindeiro martes, 4 de setembro, celebrarase no comedor do colexio, unha reunión informativa sobre o funcionamento do comedor para o novo curso que vai comezar. 

Todas as familias admitidas poderán asistir ás 18.30 horas, no comedor.

( categories: )

RECOLLIDA DE VALES

Enviado por ninesrey o Ven, 06/07/2018 - 12:22

Dende o día 9 de xullo ata o 3 de setembro o colexio permanecerá pechado.

A recollida dos vales para material didáctico e para os libros reanudarase o 3 de setembro.

 

Boas vacacións!

REUNIÓN ORIENTACIÓN COAS FAMILIAS DOS NENOS DE 4º EI (3 ANOS)

Enviado por ninesrey o Mér, 20/06/2018 - 11:38

Comunicamosvos que o martes 26 ás 18:00 na sala Rosalía reunión cos nais/pais dos nenos/as de 4º de Educación Infantil (3 anos). 

Prégase a asistencia sen nenos/nenas.

Moitas grazas.

AXUDAS MUNICIPAIS DE COMEDOR E MATERIAL ESCOLAR 2018

Enviado por ninesrey o Mér, 23/05/2018 - 01:10

 PRAZO DE PRESENTACIÓN CURSO 2018-19

 O prazo de presentación das solicitudes será do 31 de maio ao 27 de xuño, ambos incluídos.

 As solicitudes presentaranse mediante cita previa, que se poderá solicitar a partir do mércores 30 de maio, a través de:

 Teléfonos: 010 ou 986 810 260

 Adxuntamos modelo e triptico informativo.https://www.vigopeques.com/ayudas-comedor-concello-vigo/

SOLICITUDE DE COMEDOR E GARDERÍA PARA O CURSO 2018/2019

Enviado por ninesrey o Ven, 27/04/2018 - 10:32

Xa tedes a vosa disposición as solicitudes para o comedor escolar e o servicio de gardería no centro.

Están pendentes de saír publicadas as axudas municipais de comedor e material escolar ( só para Educación Infantil).

 

 

 

Para calquer dúbida chamade a secretaría 886120180.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2018/2019

Enviado por ninesrey o Lun, 09/04/2018 - 10:51
( categories: )

Resultado do sorteo anual de letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2018/2019

Enviado por ninesrey o Mar, 27/02/2018 - 15:04

O día 27 de febreiro saíu publicado na páxina da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o resultado do sorteo anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión para o curso 2018/2019.

As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "Z" e "T"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "C" e "J".

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24326

Vacantes curso 2018/2019

Enviado por ninesrey o Mar, 27/02/2018 - 10:52

 

  VACANTES 2018 / 2019  
4º EI 5º EI 6º EI 1º PRIM 2º PRIM 3º PRIM 4º PRIM 5º PRIM 6º PRIM
44 + 6 NEEs 2 0 0 0 0 3 6 0
Distribuir contido