Skip to Content

Hoxe conmemoramos á máis grande da nosa literatura: Rosalía de Castro. Estivemos lendo os seus poemas, elaboramos  marcapáxinas, que o alumnado de 2º repartirá pola vila, e plantamos pensamentos no noso xardín, por tratarse da  flor favorita de Rosalía.

Os nenos e nenas do CEIP Ramón de Artaza coidaremos os pensamentos como facemos coa nosa lingua e a nosa literatura.


 

 

PREME NA IMAXE PARA VER UN PEQUENO VIDEO RESUMO DO DESFILE DESTE ANO.

Aquí temos ao voluntariado da biblioteca na escolla de novidades. Foi un verdadeiro pracer escoitar as súas opinións sobre as propostas de lectura. Fixeron unha escolla de moito nivel que xa está á vosa disposición na biblio.

 

Queremos dende aquí darlle as grazas a Inés Martínez Sambade, muller científica e exalumna do noso cole, pola marabillosa conferencia que nos deu onte para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia.

MOITÍSIMAS GRAZAS INÉS!

Hoxe queremos celebrar o Día Mundial da Radio que a  UNESCO dedica á temática da RADIO e a PAZ. 

 

Gustarianos tamén divulgar esta composición realizada para Ponte...nas ondas! por artistas da lusofonia: 

 
 

E ao mesmo tempo compartimos o programa de radio realizado polo noso alumnado de 4º de Primaria para participar na convocatoria de Ponte..nas ondas! publicado no portal web ESCOLAS NAS ONDAS (http://escolasnasondas.com/)

 

Xa está aquí o ENTROIDO e con el chegan: os mandados do Facundo, o concurso de murgas, o tradicional desfile e a chocolatada. Agardamos que o tempo nos permita  celebralo todo no exterior, para poder lucir os nosos disfraces e enxeño diante das familias.

Quedan aquí os mandados do Facundo da vinveira semana para que vos vaiades preparando.

Luns empezamos!!


AQUÍ VOS DEIXAMOS UN PEQUENO RESUMO EN IMAXES DA SEMANA DA CONVIVENCIA 2023.

SEMANA DA CONVIVENCIA 2023 de María Sambade Lloréns

 

 AQUÍ VOS DEIXAMOS UN PEQUENO RESUMO EN IMAXES DA SEMANA DA CONVIVENCIA 2023.


 Chega o tempo de Nadal e as recomendacións do noso queridísimo polbo Ramón! 

Atento@s a todas as novidades e FELICES LECTURAS! Sorriso

RECOMENDACIÓNS

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut