23 de Febreiro. DÍA DE ROSALÍA
Hoxe conmemoramos á máis grande da nosa literatura: Rosalía de Castro. Estivemos lendo os seus poemas, elaboramos marcapáxinas, que o alumnado de 2º repartirá pola vila, e plantamos pensamentos no noso xardín, por tratarse da flor favorita de Rosalía.
Os nenos e nenas do CEIP Ramón de Artaza coidaremos os pensamentos como facemos coa nosa lingua e a nosa literatura.