Skip to Content

biblioteca

CHARLA ASPANAES

Esta semana tivemos na nosa biblio unha visita moi interesante da asociación ASPANAES. A través de Ricardo, un marabilloso actor/escritor con autismo, adentrámonos no seu mundo, coñecemos un pouco máis as características destas persoas e como podemos proceder con eles en determinados momentos. Mostrounos as súas dotes como actor e mercamos os seus libros que están na biblioteca con moita lista de agarda.

RECITAL LETRAS GALEGAS

ONDE nós nunca pasan os trens

Só chegan ou parten

ANUNCIO

OS MAIOS NO COLE

Os nenos e nenas de Infantil viñeron cantarnos os maios.

Primeiro pasaron un rato estupendo compartindo a elaboración dos adornos co alumnado de 6º que sempre están encantados/as de axudar aos pequenos. Logo, pasaron polas aulas cantándonos os maios e alegrándonos a mañá ao tempo que se continúa con esta bonita tradición da nosa vila.

XVI MOSTRA DE TEATRO XOSÉ AGRELO

Achégase o programa do Mes das Letras Galegas do Concello de Muros.

O mércores 15 o alumnado de primaria, iremos ver a obra "Neofalantes" de Luís Vallecillo e o martes 21 o alumnado de Infantil, disfrutará da obra "A galiña Azul".

Un mes cheo de obras para disfrutar das nosas letras !

DÍA DO LIBRO

Hoxe para conmemorar o Día do Libro levamos a cabo un acompañamento lector no patio. Cada un coa súa parella acomodámonos nun recanto do patio  e pasamos un ratiño estupendo lendo en boa compaña.

VIII CONCURSO DE RELATOS CURTOS MANUEL FABEIRO GÓMEZ

Un ano máis animámosvos a participar no concurso de relatos curtos que organizamos dende a nosa biblioteca escolar e lembrade que está aberto á toda a comunidade.

Cóntanolo!

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe foi un gran día na nosa biblioteca! Viñeron as chicas do club de lectura do IES Fontexería a recitarnos uns poemas de Rosalía e fixérono de marabilla! Ademais trouxéronnos unha planta moi bonita como agasallo para a nosa biblioteca nova. Moitísimas grazas!!!! Agardamos poder repetir a experiencia en breve.

MANDADOS DO FACUNDO

SEMANA DA CONVIVENCIA 2024

Distribuir contido

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut