DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Hoxe participamos do Día Internacional da Muller por todo o alto!
A primeira hora achegáronse ao colexio representantes da ANPA e do Concello para facer a entrega dos premios e repartir as chapas cos debuxos gañadores do Concurso de Chapas do 8M. Noraboa aos gañadores/as!!
- 1ª Categoría: Aleixo Fernández 5º INF
- 2ª Categoría: Diego López 1ºB
- 3ª Categoría: Emma Noya 5ºB
De seguido, concentrámonos para dirixirnos ao pavillón do IES As Insuas onde nos xuntamos co alumnado dos outros centros do concello. Disfrutamos dunha actuación de maxia e dunha xornada festiva; léronse manifestos e o noso alumnado de 6º bailou e interpretou en lingua de signos a canción "Eu ti só ti" de SES.
Grazas ao Concello de Muros, á ANPA Valdexería e ao resto dos centros educativos por contar con nós.
TODAS AS MULLERES. TODOS OS DEREITOS. TODOS OS DÍAS