Skip to Content

  Hoxe é o Día Internacional das Bibliotecas e tocaba facerlle unha visitiña ao Polbo Ramón. Tal e como nos pediu a semana pasada, preparamos as nosas propostas de fondos para adquirir neste novo curso e baixamos a entregárllelas á biblioteca. A cambio el agasallounos uns marcapáxinas ben bonitos.

Contounos que en breve empezaremos co  concurso de adiviñas, cos xogos da CDU e as actividades do tema anual, que como sabedes, este curso é: "As civilizacións ao longo da historia".

Como nos gusta participar na bibio coas actividades do Polbo Ramón!!

 Hoxe traémosvos unha presentación do libro "Cómo aprendemos?" de Héctor Ruiz elaborada polo profe Rubén.

                                              Un recurso moi útil para mestres e familias dispoñible para empréstito!

        Ademais de recoller diferentes técnicas de estudo ou as claves da súa planificación permítenos visualizar vídeos sobre temas tan interesantes como:

            - As emocións na aprendizaxe

            - As crenzas e a motivación

            - O cerebro: aprender a aprender

Preme na imaxe para acceder ao recurso:

A nosa biblioteca xa está funcionando a pleno rendemento e o Polbo Ramón está feliz de volver a vervos rebulindo polos andeis. Que novas nos agardarán neste novo curso que comeza?  Que mundos tocará descubrir desta vez? Sabemos que moitos estades desexando sabelo e non habedes  tardar en descubrilo. De contado teredes novas do Polbo Ramón que morre por volver a pescudar, xogar e aprender con todos e todas vós. 

  • Comezaron os empréstitos nos recreos.
  • Están establecidos os horarios de visita á biblio.
  • Xa están feitos os equipos de VOLUNTARIADO da nosa Biblioteca Solidaria.
  • Podedes ir pensando na escolla para levar nas mochilas viaxeiras.
  • E  coma sempre estamos desexando escoitar as vosas propostas e recomendacións de lecturas.

FELIZ NOVO CURSO 2022-2023

E chegou fin de curso e celebrámolo por todo o alto! Aquí vos deixamos o video resumo do día de hoxe para que vexades o ben que o pasamos.

Agora a descansar e a disfrutar moitísimo do verán e en setembro volverémonos a ver. Unha especial aperta ao alumnado de 6º que rematou hoxe unha etapa con nós para empezar unha nova aventura. Querémosvos!!!

https://drive.google.com/file/d/1QWDMsVvF_D3sVDSKbjcj4NfeVSqkzVDv/view?usp=sharing

 

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut