Skip to Content

 

Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.

Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar. 

25 outubro - 1 novembro: Semana Mundial da Alfabetización en Medios e Información (AMI) a proposta da UNESCOA UNESCO propón a celebración da Semana Mundial da Alfabetización dos Medios de Comunicación e da Información (MIL) 2017, a #GlobalMILWeek como un medio para visibilizar as experiencias en materia de educación nas linguaxes dos diferentes medios de comunicación, nun contexto de alfabetizacións múltiples e coa intención de formar ao alumnado como consumidores pero, especialmente, como produtores de información a través dos diversos medios de comunicación: prensa, radio, televisión, vídeo, fotografía, audio, produtos transmedia, internet... máis infomación e recursos en http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1022

 
   

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut