Skip to Content

Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa Biblioteca. O nenos e nenas de 3º e 4º de

EP leron dous títulos da autora:"Bruxa e familia" e "Correo Urxente". Paula Carballeira

falounos das súas marabillosas historias e fíxonos rir moito coas súas divertidas 

aventuras. Para rematar  asinounos os  libros. Foi xenial !!

                                               SAMAÍN 2018

Este pasado venres 2 de novembro celebramos na nosa escola o Samaín. Logo dunha semana terrorífica de contos na biblioteca , chegou o gran día. Na exposición das cabazas había efectos especiais: fume, música terrorífica e alguna sorpresa que dou máis de un susto a pequenos e maiores. Disfrazámonos, alguna profe metía medo de verdade, bailamos e cantamos todos xuntos no patio e logo, degustamos a merendola típica de Samaín grazas á xenerosidade das mamás e avoas que fan postres exquisitos. Os nenos/as de 3 anos gañaron o concurso de platos decorados que fixemos nas aulas e todos e todas pasámolo xenial!

 

 

 

 

 



Hoxe tivemos a visita do alumnado de San Xosé que, no próximo curso, empezarán primeiro no noso colexio. Coñeceron o cole e tiveron unha xornada de convivencia cos compañeiros/as do Ramón de Artaza. Os/as axudantes da biblio déronlles a benvida, presentáronlles ao "Polbo Ramón" e coñeceron os recantos da nosa biblio. Helena e Lucía léronlles un conto que lles tiñan preparado e marcharon moi contentos/as. Agardamos que nos vindeiros anos atopen na nosa biblio lecturas marabillosas que os fagan voar!!

 

 

Hoxe, 7 de xuño, tivemos un encontro con Mª Canosa na nosa biblioteca. Estabamos emocionados/as. Os nenos/as de 4º e 5º lemos na clase dous dos seus últimos títulos “A Cazadora de Estrelas” e “Muriel” este último gañador do Premio Merlín 2017. Tiñamos tanta ilusión por coñecela, tantas preguntas que facerlle e tanto libro por asinar que case non a deixamos sair do noso cole. Díxonos que escribía as súas historias pensando en nós e que como llo pedimos os lectores/as igual vai pensando nunha segunda parte de Muriel, xa nos tarda poder lela!!

 

Na biblio queda unha exposición con outros outros títulos da autora que vos animamos a ler:

 

  • A pedra de Seixo, Sotelo Branco.

  • Leo era un león. Ir indo.

  • Acuario. Edicións Embora.

  • Xiana, a nena pirata. Everest.

  • Druídas. Embora.

  • O día que choveu do revés. Xerais.

  • O libro dos medos. Bolanda.

  • Rabicundo. Xerais….

 

 

 

FELICES LECTURAS!!!!

 

 

Con frecuencia nos recreos, a biblio serve de escenario para os nosos pequenos artistas. Micrófono en mano as rapazas e rapaces convírtense en contacontos por un día para a diversión de todos aqueles que se achegan a escoitalos. Hoxe tivemos a Carlota e a Fabio que o fixeron "requetexenial". A profe Isa encárgase de organizar esta divertida actividade e facernos pasar a todos uns momentos estupendos.

Hoxe a rapazada do noso cole, dende  Infantil ata  3º de primaria, tiveron a ocasión de disfrutar dunha proposta escénica orixinal e sorprendente da man de Celtia Figueiras, unha das componentes da compañía de monicreques “A xanela do Maxín” co seu espectáculo OS LIBROS DA TITIRITEIRA. Grandes libros que conteñen no seu interior pequeñas historias nas que todo é posible… hoxe disfrutouse moito unha vez máis na nosa biblioteca!

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut