Skip to Content

Este xoguiño do PASAPALABRA das letras galegas foi realizado polo alumnado de 1º

Uns grandes artistas!!!!!

 

 

PREME NA IMAXE PARA VER UN BONITO TRABALLO SOBRE A VIDA DE XELA ARIAS. AUTORA HOMENAXEADA NAS LETRAS GALEGAS 2021

E como sabedes, noso voluntariado da biblio deixounos preparada a exposición de Xela Arias no corredor do primeiro andar. Felices lecturas!!

O alumnado de 1º e 2º tiveron tamén unhas preciosas sesións co contacontos ANXO MOURE e quedaron ENCANTADOS!!

O alumnado de primaria fixemos unha visita guiada coa asociación Muros, vila de auga e sal  e aprendemos moitas cousas do Camiño de Santiago e da variante do camiño inglés que pasa por Muros. Grazas Montse!!

   

E grazas ao "profe Marcos" fixemos esta exposición de libros antiguos que son unha auténtica xoia! 

 

E moitas cousas máis....Como podedes ver  no noso cole e a nosa biblio NON SE PARA.

 

 

RECOÑECEMENTO Á NOSA BIBLIOTECA

Nestes días saiu publicado que a nosa biblioteca foi a primeira das dez seleccionadas  no programa

“Voluntariado de lectura-A. Grazas ao traballo coordinado de todo o Equipo da nosa biblio

(alumnado voluntario, familias colaboradoras e profesorado).



Desta vez recibimos 600€ de dotación para uns obradoiros para o alumnado colaborador, que

terán lugar os vindeiros días con  Charo Pita.

 

Felices de que se recoñeza a nosa labor sobre todo, nun ano especial.

 NOSA VOZ. É o XORNAL do noso Colexio e volve ás rúas Guiño(pdf adxunto para descargar)

 

Un contiño que nos conta a curmá de Yago de 3ºA polo Día do Libro. Moitísimas grazas Gore!

 

Estes días tivemos a visita de Tero que andivo polas aulas dos maiores do cole e pasámolo fenomenal con ela. Contacontos, dinámicas de grupo, role playing e ata maxia! foron algunhas das actividades que levamos a cabo.

Aprender a esixir o respecto hacia nós mesmos e hacia os demais; ou a maneira de pedir axuda cando temos un problema, son aspectos moi importantes da nosa educación que nos farán fortes emocionalmente e polo tanto, máis felices. E por riba divertímonos moito!

Temos que darlle unhas grandísimas grazas a Tero que estamos desexando recibir de novo no noso cole !!

 

23 DE ABRIL- DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o  Día do Libro tivemos as visitas dos familiares do alumnado. Nais, tíos, avós e avoas viñeron ao cole a lernos contos, falarnos dos seus libros preferidos, mostrarnos como eran os seus libros de texto e contáronnos historias marabillosas. Disfrutámolo moito porque foi un día moi bonito e todo un acontecemento. Moitísimas grazas a todos/as!!! 

FELIZ DÍA DO LIBRO E FELICES LECTURAS!!!

 
   

Xa está aquí o cuarto concurso de relatos curtos que  convoca o

noso centro.

Este ano, como novidade, incluimos ao antigo alumnado dentro da

categoría adulta.

Achegamos as bases onde se explica con detalle todos os pasos

para participar.

Animamos a todos/as a nos escribir, pois todos/as temos moito que

contar!!

LUNS 12 DE ABRIL- 18.00H WEBEX

O mundo divídese en dous tipos de persoas: os xenios e os demais. Iso é o que di a miña nai. Entre os xenios, está o meu irmán. Entre os demais, estou eu. Claro que a miña nai non o di así, pero eu ben sei que o pensa. Tamén o penso eu, a verdade. Chámome Lola, teño dez anos e gústame o fútbol.

8-M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

XA ESTÁ PREPARADO O PUNTO LILA NO NOSO CORREDOR. NEL COLGAREMOS OS NOSOS DESCUBRIMENTOS E INVESTIGACIÓNS, ASÍ COMA A NOSA APORTACIÓN PERSOAL, A UN TEMA QUE SE TRABALLA DURANTE TODO  O ANO, PERO QUE NA VINDEIRA SEMANA QUEREMOS DAR UNHA VISIBILIDADE ESPECIAL.

#Xeración igualdade

 

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut