Skip to Content

Esta semana xa empezaron a  funcionar na biblio os equipos  de VOLUNTARIADO. Se precisades  que vos axuden a buscar algún libro, que vos fagan o empréstito/devolución dos fondos ou simplemente que vos recomenden algo para ler, non dubidedes en preguntarlles e estarán encantados/as de poder axudarvos.

Deixamos aquí unha fotiño de un dos grupos do noso preciado voluntariado.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!

 

A nosa biblioteca abre as súas portas e damos a benvida con alegría a este novo curso 2023/2024.

O empréstito xa está funcionando con normalidade e o Polbo Ramón anda tolo de alegría porque en breve terá unha mudanza e cambiará de sitio despois de tantos anos. O traslado  da nosa biblioteca vai ser das primeiras sorpresas que teñamos neste curso, pero non será a única. Que novas aventuras nos agardarán?

 

E por fin chegaron as tan ansiadas vacacións de verán!! Foi un curso intenso de moito traballo , pero tamén foi o curso de volta a normalidade despois de varios anos con restriccións derivadas da pandemia. Volveron as saídas e excursións e recuperamos as tarefas colaborativas e traballos en grupo que tanto estrañabamos.

O pasado día 21 celebramos a festa de fin de curso. Tivemos a actuación do Mago Paco, a graduación de 6º de E.I e de 6º de E.P, a entrega de premios do VI Concurso de Relatos Manuel Fabeiro e a entrega de diplomas do Voluntariado da biblioteca e por suposto, a emotiva entrega das mencións honoríficas de 6º. Un día de despedidas e de alegría pola chegada das vacacións.

Queremos desexarvos un MOI FELIZ VERÁN. Cargaremos as pilas para un novo curso que seguro virá cargadiño de sorpresas e novas aventuras.

Lembramos que as recomendacións de lecturas para o verán están dentro da revista na web do centro.

BOAS VACACIÓNS E FELICES LECTURAS!!

 

Aquí vos deixamos os relatos gañadores deste VI Concurso de Relatos Curtos Manuel Fabeiro Gómez. Este curso houbo moitos e moi bos relatos. Moitas grazas pola vosa participación e noraboa aos gañadores/as!.

O polbo Ramón quedou encantado coa festa do venres pola noite na biblioteca. O alumnado do Club de Lectura xunto co Voluntariado da biblio, estaban desexando a chegada do venres 9 para levar a cabo esta actividade que quedara interrompida pola pandemia.

Ademáis das lecturas fixemos a valoración do curso que está rematando e recollemos  propostas de mellora para o vindeiro curso. Divertímonos moito resolvendo as probas da xincana e fixemos dramatizacións coas que rimos a esgalla.

 

Que ben se nos dá, agora que chega o bo tempo, sair ao patio a disfrutar da lectura en grupo. Estrenamos a asemblea do patio e temos que dicir que se está xenial lendo ao aire libre.

Hoxe no recreo o público que pasou pola biblioteca quedou impresionado pola calidade dos espectáculos. Tiveron tanto éxito que as risas e os aplausos escoitábanse de lonxe.

O alumnado de 5ºA máis que un contacontos fixo unha pequena representación teatral que lles quedou xenial, e Simón de 6ºA, levou a cabo un monólogo que nos deixou a todos/as coa boca aberta.

CANTO TALENTO NA NOSA BIBLIO!!!

 

 

Nesta biblioteca é un non parar! Hoxe tivemos un obradoiro de locución e expresión oral a cargo de Charo Pita. O noso alumnado de 4º traballou a expresión oral e a locución radiofónica como formación para o traballo na RADIO REXOUBA. Como sabedes, este curso fomos seleccionados para formar parte do programa "Radio na Biblio" e, xunto cos cambios previstos na nosa biblio, estamos moi ilusionados/as coas sorpresas e os retos que temos por diante.

 

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut