YoGoTe

O alumnado de 3º do pasado curso 2011-2012 participou nunha experiencia de uso da linguaxe de signos cunha poesía de Fran Alonso.

 

SAMAÍN 2012

O SAMAÍN chegou de novo ao Colexio cunha chea de cabazas "vestidas" de medo e de "máquinas" de uso cotián.

Despedida á 1ª Promoción

No mes de xuño rematou os seus estudos no Centro a 1ª Promoción (2006 - 2012) que realizou esta etapa de primaria integramente no CEP Marcos da Portela.  

MAIOS 2012

Un ano máis a Comunidade Escolar do Marcos da Portela participou no Concurso de Maios da Praza da Ferrería.

O Maio do Colexio gañou o Premio Especial de Maios.

Aquí vos queda un enlace ao resultado recollido na Prensa. Preme aquí

Premio

Premio

PREMIO NO CONCURSO DE COOPERATIVISMO

O Colexio ven de recibir o 1º PREMIO no CERTAME DE COOPERATIVISMO por un traballo feito polo alumnado do 2º ciclo de EP (3º e 4º) consistente na montaxe dun pobo, totalmente ecolóxico, realizado en plastilina.
Durante o seu desenvolvemento traballáronse as competencias de comunicación lingüística, matemática, artística, coñecemento, interacción co mundo físico, autonomía e iniciativa persoal, e competencia social e cidadá.

ENCONTROS UNESCO 2011

A Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o 2011 ano internacional dos Bosques coa finalidade de promover a conservación e o desenvolvemento dos bosques en todo o mundo, crear unha conciencia social da importancia crítica que desempeñan os bosques e por ser estes os espazos máis importantes da biosfera terrestre.

FESTIVAL DE MAIO

O 31 de maio celebramos no Colexio un pequeno festival como remate das actividades que durante todo o mes adicamos ás Letras Galegas. Tivemos cantigas, baile, poesía, teatro...

 

O VOCABULARIO DE XOAN MANUEL PINTOS

O Concello de Pontevedra a través da Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración cos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino do concello, veñen de presentar as I Xornadas de Normalización Lingüística Xoán Manuel Pintos,<

PROGRAMA DE RADIO

A emisora COPE - PONTEVEDRA realizou o pasado 13 de Maio o seu programa da mañá desde o Salón de Actos do Colexio, dentro da programación especial adicada á Conmemoración das LETRAS GALEGAS.

Distribuir contido