ENCONTROS UNESCO 2011

A Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o 2011 ano internacional dos Bosques coa finalidade de promover a conservación e o desenvolvemento dos bosques en todo o mundo, crear unha conciencia social da importancia crítica que desempeñan os bosques e por ser estes os espazos máis importantes da biosfera terrestre.

Este foi un dos eixos do traballo desenvolvido no Colexio ao longo deste curso. Realizáronse traballos de investigación e de creación literaria sobre os bosques e o seu coidado, descubrimos as árbores do noso patio, saídas a exposicións, roteiros guiados para estudiar as árbores do entorno e vivimos unha festa do samaín e un entroido relacionados co mundo do bosque.

Con todo este traballo colectivo preparouse unha pequena presentación que levaremos aos ENCONTROS de COLEXIOS DA REDE UNESCO, que este verán se celebrarán en Melilla.