Taboleiro

PREMIO NO CONCURSO DE COOPERATIVISMO

O Colexio ven de recibir o 1º PREMIO no CERTAME DE COOPERATIVISMO por un traballo feito polo alumnado do 2º ciclo de EP (3º e 4º) consistente na montaxe dun pobo, totalmente ecolóxico, realizado en plastilina.
Durante o seu desenvolvemento traballáronse as competencias de comunicación lingüística, matemática, artística, coñecemento, interacción co mundo físico, autonomía e iniciativa persoal, e competencia social e cidadá.

UN SOÑO REPARADOR

Esta película, interpretada por alumnado de diferentes cursos do Centro e dirixida polo mestre CARLOS PRIETO foi presentada no festival de maio, como remate de actividades deste curso. Esperamos que vos guste.

Recibiu o Premio BLANCO AMOR do Festival de Cine OUFF ESCOLA 2011 de Ourense, ao mellor GUIÖN.

ENCONTROS UNESCO 2011

A Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o 2011 ano internacional dos Bosques coa finalidade de promover a conservación e o desenvolvemento dos bosques en todo o mundo, crear unha conciencia social da importancia crítica que desempeñan os bosques e por ser estes os espazos máis importantes da biosfera terrestre.

O VOCABULARIO DE XOAN MANUEL PINTOS

O Concello de Pontevedra a través da Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración cos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino do concello, veñen de presentar as I Xornadas de Normalización Lingüística Xoán Manuel Pintos,<

PREMIO CONCURSO MUSEO 2011

A alumna de 5º, LINDA VICTORIA PERCÍNCULA MARTÍNEZ levou o 1º PREMIO do CONCURSO "EMILIA ESTÉVEZ VILLAVERDE" convocado polo O.A.L. MUSEO DE PONTEVEDRA no apartado de poesía, cunha obra titulada "CHUVIA NAS FOLLAS".

A NOSA CIDADE

Ao longo do curso 2009 - 2010 realizamos no Colexio un proxecto de centro consistente en converter os espazos do centro nunha pequena cidade coas súas rúas, prazas, establecementos comerciais, mobilidade (sinais de tráfico, pasos de peóns, rotondas)...

Os nosos traballos

Participamos no Concurso de Maios 2009 da Ferrería.

Celebramos o SAMAÍN 2009.

Distribuir contido