PREMIO NO CONCURSO DE COOPERATIVISMO

O Colexio ven de recibir o 1º PREMIO no CERTAME DE COOPERATIVISMO por un traballo feito polo alumnado do 2º ciclo de EP (3º e 4º) consistente na montaxe dun pobo, totalmente ecolóxico, realizado en plastilina.
Durante o seu desenvolvemento traballáronse as competencias de comunicación lingüística, matemática, artística, coñecemento, interacción co mundo físico, autonomía e iniciativa persoal, e competencia social e cidadá.
Estamos moi ledos do premio obtido, que recolleremos en Palas de Rei (Lugo) o día 2 de xullo.