BECAS DE COMEDOR FANPA 2023_24
Enviado por admin1 o Xov, 07/09/2023 - 11:56No seguinte enlace poden ver toda a información relativa á solicitude de bolsas de comedor da FANPA para o curso 2023-24.
O praazo para a solicitude remata o 15 de setembro.
REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO
Enviado por admin1 o Xov, 07/09/2023 - 11:39As reunións de inicio de curso se celebrarán nos seguintes días e horarios:
1º A/B/C: MARTES 12 DE SETEMBRO ÁS 16.00H NO SALÓN DE ACTOS.
2º A/B: MARTES 19 DE SETEMBRO ÁS 16.15H NA AULA.
3º A/B: MARTES 12 DE SETEMBRO ÁS 16.30H NO SALÓN DE ACTOS.
4º A/B: MARTES 19 DE SETEMBRO ÁS 16.15H NA AULA.
5º A/B: MARTES 26 DE SETEMBRO ÁS 16.15H NO SALÓN DE ACTOS.
6º A/B: MARTES 3 DE OUTUBRO ÁS 16.15H NO SALÓN DE ACTOS.
MATERIAL POR NIVEIS (CURSO 2023-2024)
Enviado por admin1 o Lun, 04/09/2023 - 22:26LISTAXE LIBROS DE TEXTO_CURSO 2023_24
Enviado por admin1 o Xov, 29/06/2023 - 09:02Poden consultar a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso.
A listaxe de material sairá nos primeiros días de setembro.
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023 - 2024
Enviado por admin1 o Lun, 19/06/2023 - 14:41A partir do 20 de xuño de 2023 e ata o 30 do mesmo mes, poderán formalizar a matrícula para o curso 2023 - 2024.
Teñen que realizar este trámite os/as alumnos/as novos/as no centro; é dicir, o alumnado que entra en 1º de EP e o alumnado de calquera outro nivel procedente doutros centros e que foi admitido no prazo de admisión correspondente.
Deberán presentar a seguinte documentación:
ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS E PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS
Enviado por admin1 o Lun, 19/06/2023 - 14:24O mércores, día 21 de xuño, entregaránselle ao alumnado as cualificacións do curso 2022- 2023, e as mesmas poderán ser consultadas tamén, polas familias, a través da aplicación ABALAR a partir das 15h do mesmo día.
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023 - 2024
Enviado por admin1 o Dom, 21/05/2023 - 21:07Ata o 21 de xuño de 2023 estárá aberto o prazo de solicitude de axudas para adquirir libros de texto ( 1º e 2º de E.Primaria), material escolar (todos os niveis) e préstamo de libros (3º e 4º),para o curso 2023-2024.
PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023- 2024
Enviado por admin1 o Lun, 15/05/2023 - 13:32Dende esta mañán están publicadas as listaxes definitivas de admisión para o curso 2023 - 2024
.Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios, sito no vestíbulo do centro, ou a través da aplicación informática admisionalumnado ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024
Enviado por admin1 o Lun, 24/04/2023 - 10:22Mañán, 25 de abril, publicaranse as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido no centro para o curso 2023-24.
Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios, sito no vestíbulo do centro, ou a través da aplicación informática admisionalumnado ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
Contra estas listaxes poderá presentarse reclamación ante o consello escolar durante os 5 días hábiles seguintes á súa publicación.
