O VOCABULARIO DE XOAN MANUEL PINTOS

O Concello de Pontevedra a través da Concellaría de Normalización Lingüística, en colaboración cos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino do concello, veñen de presentar as I Xornadas de Normalización Lingüística Xoán Manuel Pintos, que terán lugar na semana do 14 ao 18 de marzo de 2011.

O ENL do Centro coordinou un traballo realizado polo alumnado do 1º e do 3º ciclo no que os pequenos ilustraron a redacción que con palabras de X. Manuel Pintos elaboraron os maiores.