MAIO 2011

Un ano máis, a Comunidade Educativa do CEP Marcos da Portela participou con toda a ilusión e entusiasmo na confección do Maio, aínda que este ano as datas non se prestaban moito para elo, xa que foi o sábado, 30 de abril, cando houbo que realizar todo o proceso.

O agradecemento máis sincero por parte do Colexio para todas e todos aqueles que prestaron a súa colaboración para a realización, unha vez máis, desta actividade.

ENTROIDO 2011

O pasado venres, 4 de marzo, celebramos o Entroido no Centro cun pequeno desfile polas rúas de Monte Porreiro e o xuizo e a queima do entroido no patio do cole. Foi un gran día de festa.

Entroido 2011 parte 1ª

DÍA DA PAZ 2011

O luns 31 de xaneiro celebramos no Cole un pequeno acto conmemorativo do Día da Paz e a Non Violencia.

SALÓN DO LIBRO 2011

Chegou TRASLI conducindo o seu camión

para levarnos ao Salón,

e como era tradición cando iamos de excursión,

cantamos esta canción:

"...agora que imos despacio

agora que imos despacio

imosvos contar mentiras, trailará

imosvos contar mentiras, trailará,

imosvos contar mentiras..."

FESTIVAL DE DECEMBRO

O pasado 22 de decembro realizamos un pequeno festival para despedir o trimestre. Actuou parte de alumnado do centro con representacións e bailes e, finalmente, recibimos unha visita sorpresa. Podedes ver parte deste festival no seguinte video.
 
 

PREMIO NO CONCURSO DE INTERCULTURALIDADE

Dúas compañeiras do Centro, Seila Jiménez e Antía Torres, alumnas de 5º C obtiveron o Terceiro Premio no Concurso de Interculturalidade convocado polo Concello de Pontevedra. Noraboa polo traballo realizado.
 

O BELÉN

Durante o mes de Decembro, o alumnado do Centro que cursa as materias de relixión católica e relixión evanxélica estivo preparando un Belén realizando as figuras, que son dunha grande calidade artística, con plastilina. Aquí queda unha mostra do mesmo.
 

GOTA A GOTA

O xoves, 11 de novembro, o alumnado de 5º participou nunha actividade de coñecemento e aproveitamento do ciclo da auga na planta potabilizadora do Concello de Pontevedra, en Lérez, dentro dun proxecto educativo e de sensibilización ambiental para facer un uso máis sostible da auga, promovido pola empresa Aquagest. 
 
 
 

SAMAÍN 2010

Distribuir contido