MAIO 2011

Un ano máis, a Comunidade Educativa do CEP Marcos da Portela participou con toda a ilusión e entusiasmo na confección do Maio, aínda que este ano as datas non se prestaban moito para elo, xa que foi o sábado, 30 de abril, cando houbo que realizar todo o proceso.

O agradecemento máis sincero por parte do Colexio para todas e todos aqueles que prestaron a súa colaboración para a realización, unha vez máis, desta actividade.

E chegado o día, na Praza da Ferrería, presentamos o noso traballo, que foi recoñecido polo xurado coa concesión do 1º Premio de Maios, do 2º Premio en Coroas, do 2º Premio en Coplas e do Premio Especial de Colexios.