Quinto

Sexto

VISITA DO IES AO NOSO CENTRO

Todos os anos, a finais do primeiro trimestre, convidamos ao alumnado do IES SALVATERRA DE MIÑO a visitar o noso centro. En concreto, veñen a ver a exposición que organiza o EDLG e que este ano, como xa sabedes tratou sobre o FOLCLORE GALEGO. É un día moi esperado pois adoitan vir moitos antigos alumnos e alumnas do centro e fainos moita ilusión a súa visita.

É tradición organiar tres actividades, unha delas é a propia visita á exposición cuns guías de excepción, os nenos e nenas de 6º nivel que se encargan de explicarlles todo aos maiores. Outro, soe ser na aula de informática onde, acompañados pola mestra Paqui, fan alguna actividade relacionada co tema a tratar, e por último, outro obradoiro máis. Este ano contamos coa inestimable axuda da mestra do cole xa xubilada PURI e do seu marido ANXO, que con moita paciencia e pouco tempo ensinaron a facer uns marcapáxinas cosendo uns pequenos abalorios, a pesares do pouco tempo co que contaron quearon ben xeitosos... Moitas grazas por vir a axudarnos!!

Aos nenos e nenas do IES, dicirlles que estamos encantados coa súa visita e que poden vir sempre que queiran, serán ben recibidos!!!

Ata o próximo curso!!!