DÍA DA DANZA. LUÍS PREGO
OLAAA rapazada!!!! Como estades??? Que tal vos foi co obradiro de danza do salón virtua???
Hoxe recibimos outra proposta para celebrar o día da Danza, da man doutro colaborador habitual do cole e sempre dun xeito desinteresado.
Coñecédelo practicamente tod@s, el é LUÍS PREGO. Luís leva practicamente toda a vida unido á danza e ao folclore galego. Dende ben pequeno comezou a bailar, baile galego.
Luís é un dos grandes recolledores do folclore galego. Leva case toda a vida percorrendo toda a xeografía galega e tamén as zonas limítrofes de Zamora, León, Asturias e Portugal, indo de aldea en aldea, preguntando e gravando ás persoas maiores.
Hoxe queremos facer unha homenaxe precisamente a esas persoas que tanto e tanto nos ensinan e tan necesarias son para nós como son @s nos@s avós/as e que levamos moitos días sen poder darlle unha aperta.
Luís ademais de ser bailador e mestre de baile galego, tamén é un dos músicos do grupo de música folk Ardentía, que teñen feito concertos por toda a xeografía galega.
El é o director e o mestre de música e baile tradicional galego de grandes grupos como por exemplo o Orfeón Mariñeiro do Berbés ou o grupo de baile de Lourido, entre outros.
Outra das grandes facetas de Luís é de divulgador do noso patrimonio Inmaterial. Ten publicados varios libros-CD con música para nen@s, e non tan nen@s. A canción de "Felisa vai en coche, Felisa en coche vai", coa que saiamos do colexio, está publicada no libro- CD "Para cantar e bailar". Nese mesmo libro-CD está a canción "O señor da serra" e coa que o alumnado de 4º, 5º, Xiana e Sabela, participastes no coñecidísimo programa Luar, da TVG.
![]() |
![]() |
Na Radio Picariña, da crtvg, tamén podedes escoitar varias das súas cantigas.
Como xa vos dixen, Luís ten feito un traballo moi importante como divulgador. Un dos traballos máis potentes que e que tivo unha grande repercusión é o proxecto "Un punto ao día con Luís Prego". Publicou un punto do baile galego durante un ano completo. Si, Si 365 puntos de muiñeira, xota, maneos... Un inmenso traballo e legado que publicou na rede, de xeito altruísta. Luís é tremendamente xeneroso!!! Este proxecto foi un anticipo ao que nestes momentos estamos a vivir. Como xa vos contei Luís dá clases de baile, na parroquia de Lourido, e unha das súas alumnas foi a estudar a Compostela. Para que poidera seguir aprendendo os pasos do baile, o seu pai e a súa nai, gravábanlle un vídeo e logo enviábanllo. Así foi como xurdíu este magnífico proxecto que ten como obxectivo que todas as persoas, que o desexaran, poidan a prender a bailar.
Só por isto que vos acabo de contar xa lle debiamos unha homenaxe ao mestre Luís. Pero unha vez máis demostrou o seu carácter máis xeneroso e mandouvos este vídeo cun paso moi sinxelo de muiñeira para que o poidades bailar tod@s.
Estaría xenial que vos gravarades bailando este paso e que nolo mandedes. ANIMÁDEVOS!!! Estes puntos hai que bailalos cunha parella, asique decídelle á mamá ou ao papá que se animen. VIVA O DíA DA DANZAAAA!!!!
En nome de toda a Comunidade Educativa do CEP Carlos Casares, quero darlle as grazas ao gran mestre e bailador, Luís Prego, polo seu enorme traballo a prol do estudo e da divulgación do folclore e do Patrimonio inmaterial Galego e por estar sempre disposto a colaborar co noso cole e co noso alumnado
MIL GRAZAS POR TODO, LUÍS