Blogue Primeiro Ciclo

Por admin
04/02/22

Como xa todos e todas sabedes, o día 30 de xaneiro conmemórase o día da Paz e non violencia. O alumnado de 4º nivel, en colaboración co alumnado de 2º e coa axuda da mestra Silvia, realizaron este programa adicado á Paz. Non o perdades!!

BOA ESCOITA

Etiquetas:
Por admin
11/01/22

O alumnado do 1º nivel traballou areo durante o trimestre pasado. Se queredes ver un pequeno resumo de todo o que fixeron premede na imaxe.

Etiquetas:
Por admin
20/12/21

Etiquetas:
Por admin
25/11/21

Dende o club de ciencia imos facer experimentos relacionados coa auga, xa que sen auga ningún dos elementos aos que se adica este proxecto terían sentido.

A auga ocupa as tres cuartas partes do planeta, forma parte dos seres vivos, está constituída por hidróxeno e osíxeno H2O.

Dende o club de ciencia queremos que o alumnado experimente facendo. Daremos estas pautas para ser científico, e son:

 

1º Experimento:

CICLO DA AUGA

Con este experimento queremos visualizar o ciclo da auga, dende a aula experimentamos os pasos como a evaporación, a condensación e a precipitación dentro dunha cunca. A partires deste experimento faremos cambios e con eles predicións, tomaranse notas e compararemos.

Materiais:

*auga a ferver

*sal

*colorante alimentario

*film transparente (de cociña)

*culler

*cunca grande de vidro

*vaso chupito ou cunca pequena

*xeo

Pasos:

1.- Nunha cunca grande botamos o sal e o colorante alimentario.

2.- Botamos auga a ferver (será o/a mestre/a que faga este paso), remexemos.

3.- Colocamos no centro da cunda o vaso chupito ou cunca pequena.

4.- Tapamos axiña a cunca grande co film transparente, coida quitar un pouco de aire, senón fai globo.

5.- Colocamos o xeo no centro do film transparente.

Agora toca esperar. Que pasará? Choverá dentro da cunca? Como será a auga? Terá cor? Estará salgada?

 

 

Etiquetas:
Por admin
02/11/21

Os/as nosos/as pequenos/as alquimistas do saber de 1º fixeron un descanso polo percorrido das letras e dos números para adentrarse no mundo da Terra.

Decidiron disfrutar dun día soleado para dedicarlle uns momentos á súa horta da escola.

Nin curtos/as nin preguiceiros/as colleron todos os apeiros necesarios para arrancar con mestría e moita arte as malas herbas e facerlle un lavado de cara en profundiade ao horto.

Provistos/as de sachos e de anciños os/as nosos/as artistas non dubidaron en ensuciar as mans e o que atoparon polo camiño para deixar un terreo digno de premios nas revistas máis prestixiosas de agricultura.

 

Etiquetas: