Skip to Content

                                       

Esta semana escoitamos no noso timbre...

    

Publicación cualificacións

 

Estimadas familias,

  • A partir de agora NON entregaremos os boletíns de notas en papel.
  • As cualificacións publicaranse en ABALAR o día 21 de decembro ás 14:00 horas.
  • As familias que queiran o boletín en papel deberán solicitalo antes do día 21 aos titores/as.
  • Estas familias poderán vir ao centro a recollelo o día 21 en horario de 10:00 a 14:00 na secretaría.

REUNIÓN INICIO DE CURSO 2023/24 PARA AS FAMILIAS

MÉRCORES 6 DE SETEMBRO

LUGAR: SALÓN DE ACTOS

10:00 ACOLLIDA EDUCACIÓN INFANTIL

11:30 ACOLLIDA EDUCACIÓN PRIMARIA

 

As familias que teñan varios fillos/as en distintos cursos e lles coincida a hora de reunión, poden achegarse a falar co titor/a que lles falta logo da 1º reunión.

Solicitude comedor escolar curso 2023/24

  Estimadas familias, ata o día 01/09/2023 poderedes solicitar o servizo de COMEDOR ESCOLAR 

para o curso 2023/24.

  O horario de atención de secretaría será de 10:00 a 14:00:

  • Do 1 ao 15 de xullo
  • O 1 de setembro

  Documentación a presentar:

  • ANEXO II AUTODECLARACIÓN:
    • A totalidade de membros que perciban ingresos na unidade familiar autorizarán expresamente á consellería para consultar os datos de carácter persoal, de residencia e de rendaf que lle serán subministrados á Administración Educativa pola Administración Tributaria. Cruzaranse os datos con facenda no mes de outubro.
    • No caso de non autorizar á Administración Educativa os solicitantes deberán acreditalos ante o Consello Escolar mediante a presentación da documentación da declaración do IRPF.
    • Podedes facer o cálculo da Renda a través do seguinte enlace CALCULADORA.
    • Para solicitar o servizo de comedor haberá que estar ao día no pago do curso anterior
    • Deberán acreditar os ingresos de todos os membros da unidade familiar aínda que non tiveran a obriga de presentar a declaración da renda.
    • Tedes toda a información na Instrución de comedores escolares.
    • Os usuarios que non fagan uso do servizo coa frecuencia solicitada causarán automáticamente baixa do servizo, agás causas debidamente xustificadas.
    • A ausencia ao comedor escolar débese comunicar antes das 9:45 do día que deba ter efecto. Cando non se notifique en tres ocasións poderán ser suspendidos do uso do servizo durante 10 días.

Aberto o prazo de inscrición para colaboradores de comedor curso 2023/24

Ata o 8 de setembro estará aberto o prazo para inscribirse como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e vixiancia no comedor escolar.

A documentación a entregar é a seguinte:

  • Solicitude de colaboración ANEXO III
  • Certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais (acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais).
  • NIF, ou no seu caso NIE
  • Certificación acreditativa dunha entidade financeira onde dispoñan de conta
  • Correo electrónico de contacto

O horario de comedor será de 14:40 a 15:45

A atención do comedor consistirá en atender o servizo de comedor do alumnado e o recreo escolar.

Percibirase unha cantidade económica trimestral polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración, (12,50€ por día), así mesmo, lembramos o carácter non altruista da colaboración.

O persoal terá dereito á comida no centro de 14:00 a 14:40.

  

 

Formalización de matrícula novo alumnado curso 2023/24

 

O alumnado que xa está matriculado non ten que facer nada. Isto é só para o novo alumnado.

Podedes descargar o anexo pinchando na imaxe ou AQUÍ.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24

 CURSO 2023/24

 6º Ed. Infantil

                                              1º Ed. Primaria                       4º Ed. Primaria

                                              2º Ed. Primaria                       5º Ed. Primaria

                                              3º Ed. Primaria                       6º Ed. Primaria

 

Distribuir contido


by Dr. Radut