Skip to Content

                                       

Esta semana escoitamos no noso timbre...

    

Listaxe provisional admitidos para o curso escolar 2024/25

 Está publicada a listaxe provisional de admitidos para o curso 2024/25 e non admitidos.

Podedes consultala:

  • Presencialmente: No taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Poderáse formular reclamación do 26 de abril ao 3 de maio (ambos inclusive)

Becas acneae curso 2024/25

O día 30 de abril ábrese o prazo para solicitar as becas para o acneae. Dito prazo rematará o 13 de setembro de 2024.

Tedes toda a información no seguinte enlace:

BECAS ACNEAE 2024/25

SOLICITUDE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25

Prazo de presentación de solicitudes de admisión: Do 1 ao 20 de marzo

Prazo de achega de documentación para xustificar os criterios alegados na solicitude: ata o 9 de abril (10 días hábiles)

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 25 de abril

Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: ata o 2 de maio (5 días hábiles)

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15 de maio

Prazo para formalizar a matrícula: do 20 ao 30 de xuño

 

Podedes entregar a solicitude de admisión das seguintes formas:

  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro

  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica

  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR 

  • Anexo II, solicitude de admisión (ED550B)

  • Anexo I

  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar

  • Fotocopia da tarxeta da Seguridade social, MUFACE...

  • Certificado médico de que o nen/a non padece ningunha enfermidade contaxiosa

  • Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar, que deberá indicar a data de alta e estar expedido no ano natural anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes. Se a residencia no domicilio fose inferior a un ano: Escritura de compra, contrato de alugamento ou título que lexitima a ocupación da vivenda, e Recibos acreditativos do pagamento de subministracións (auga, luz...)

  • Lugar de traballo (por conta allea): contrato de traballo en que conste o enderezo do centro de traballo e informe de vida laboral obtido no ano natural do procedemento de admisión Lugar de traballo (por conta propia): certificado de alta no censo de actividades económicas da AEAT no que conste o enderezo do centro de traballo, ou licenza de apertura ou actividade do concello, se non está obrigada a estar de alta no dito censo Lugar de traballo (administracións públicas): certificado da unidade de persoal en que conste o enderezo do centro de traballo

  • Fotocopia do DNI do solicitante (se o posúe)

  • Fotocopia dos DNIs dos proxenitores

  • 2 Fotografías tamaño carné

  • Certificado de matrícula, no caso do alumnado que proceda doutros centros

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de ser o caso.
  • Libro de familia ou certificación de parto múltiple, de ser o caso.
  • Documentación xustificativa da condición de familia monoparental, de ser o caso.
  • Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia non expedido pola Administración autonómica, de ser o caso.
  • Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero (artigo 5 da Lei 11/2007, do 7 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero), de ser o caso.

CRITERIO COMPLEMENTARIO DE ADMISIÓN: Domicilio familiar na área de influencia do centro

VACANTES

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro que se solicite en primeiro lugar

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Solicitude de reserva para centros adscritos: IES LAXEIRO para o curso 2024/25

O alumnado que pasa de 6º EP a 1º ESO no IES LAXEIRO deberá facer a reserva de praza. O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro, ambos incluídos. As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

A consulta da listaxe de admitidos será o 22 de febreiro.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o FORMULARIO EN PAPEL ou a través da aplicación no menú: Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo no que está matriculado o alumno/a no presente curso escolar ou a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

É preciso achegar fotocopia do DNI do alumno/a. Podedes achegala ao centro ou enviala a través do correo electrónico.

 

Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

Publicación cualificacións

 

Estimadas familias,

  • A partir de agora NON entregaremos os boletíns de notas en papel.
  • As cualificacións publicaranse en ABALAR o día 21 de decembro ás 14:00 horas.
  • As familias que queiran o boletín en papel deberán solicitalo antes do día 21 aos titores/as.
  • Estas familias poderán vir ao centro a recollelo o día 21 en horario de 10:00 a 14:00 na secretaría.
Distribuir contido


by Dr. Radut