Skip to Content

                                       

Esta semana escoitamos no noso timbre...

    

LISTADO DEFINITIVO ADMITIDOS CURSO 2023/24

 

Informamos que todo o alumnado que fixo a solicitude en prazo está admitido

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño

LISTAXE PROVISIONAL ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2023/24

Informamos que todo o alumnado que fixo a solicitude en prazo está provisionalmente admitido

A listaxe definitiva de admitidos sairá o 15 de maio

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño

Solicitude servizo biblioteca polas tardes

Estimadas familias!

 En outubro comezaremos o servizo de garda de biblioteca polas tardes, pero para poder organizala correctamente precisamos que nos avisedes o antes posible. Lembrade que este servizo ten por obxectivo favorecer a conciliación familiar, polo tanto non se trata dunha actividade de reforzo educativo nin apoio curricular.

O servizo estará en funcionamento do 1 de outubro de 2023 ata o 31 de maio de 2024, ambos incluídos, e levarase a cabo todos os martes, mércores, xoves e venres en horario de 15:45h a 17:45h a excepción do xoves 22 de decembro.

Lembrade que debedes entrar ata a biblioteca para recoller ou entregar ao alumnado. O horario de entrada é de 15:45 a 16:00 (logo do comedor) e de 16:45 a 17:00h (logo de extraescolares). Podedes recoller ao alumnado en calquera momento.

Existe un servizo de transporte baixo demanda ás 16:55 sen coidador/a acompañante e con custo para as familias, que deberedes solicitar con 24 horas de antelación no teléfono 988687800. (O centro non organiza dito transporte).

Para facer uso podedes descargar a solicitude no documento adxunto e enviala por correo electrónico a ceip.xoaquin.loriga@edu.xunta.gal Indicando se vai utilizar o transporte baixo demanda (16:55) ou non.

En caso de que solicitedes o servizo e non fagades uso do mesmo pedímosvos que nos informedes con antelación.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut