Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

Números anteriores

O VOCEIRO DE BAÑO Nº 30

Remata o curso e a nosa revista escolar está xa lista para publicar!

Neste curso fomos intentando contar o conto dunha maneira diferente, dun xeito distinto...ao millor,  incluso fomos quen de cambialo un pouco!

Recordade que o que estades a piques de ver é tan so un breve resumo das cousas que fomos traballando ao longo do curso, seguro que algunhas quedaron no tinteiro ou están aínda pendentes de ser contadas...así que non perdades de vista a seguinte ligazón, xa que en breve iremos completando a revista coas derradeiras actividades que realizamos ao final deste curso 2017-2018

Portada Voceiro de Baño nº 30 

https://sites.google.com/ceipxanza.com/ovoceirodebaon30/inicio

O VOCEIRO DE BAÑO NÚMERO 28

Aquí tedes o derradeiro número da nosa revista escolar, "O Voceiro de Baño", nesta 28 edición recollemos unha mostra representativa do traballo realizado ao longo do curso 2015-2016.

Agardamos que vos pareza interesante!

MERGÚLLATE NUN MAR DE EXPARIENCIAS

O VOCEIRO DE BAÑO Nº 29

Co remate deste curso 2016-2017, sacamos o derradeiro número da nosa revista escolar, "O Voceiro de Baño".

Este ano estreamos formato! A nova revista foi editada en formato web dende a aplicación "Sites" de Goggle. Deste xeito a edición da mesma faise un tanto máis doada e colaborativa e permite a inclusión de artigos e contidos elaborados coas novas tecnoloxías, de xeito sinxelo e moi participativo.

Queremos agradecer a todo o alumnado e profesorado a súa participación na elaboración deste número 29 da nosa revista.

Agardamos que vos goste e  vos resulte de interese!

O VOCEIRO DE BAÑO Nº 29

O VOCEIRO DE BAÑO, Nº 21

A nosa revista escolar, recolle unha mostra representativa, dos moitos traballos que ao longo do curso 2008-2009 estivemos a desenvolver no CEIP de Baño-Xanza.

Neste curso un dos temas centrais foi o Río Valga e o noso Concello, como se pode apreciar na imaxe da portada, que tedes a continuación.

Portada do Voceiro de Baño, nº 21

Por suposto que faltan cousas, pero esperamos que as que escollemos sexan do voso agrado.

Podedes ver a revista picando na imaxe da portada ou facendo clic, no seguinte enlace.

VER REVISTA

"O Voceiro de Baño" Nº 19

Despois de moito traballar durante todo o curso, os nósos rapaces e rapazas e o equipo de profesores do CEIP de Baño Xanza, fomos quen de sacar á luz, unha nova edición do "Voceiro de Baño"

 Xa tedes a versión impresa, pero si queredes consultalo dende a web, podedes facelo dende un arquivo PDF.  Para elo, picade no seguinte enlace e aparte de velo, tamén poderedes descargalo.

 Nº 19 do "Voceiro de Baño"

Esperamos que sexa do vóso agrado.

 

O equipo de Normailización e Dinamización Lingüística

Distribuir contido


by Dr. Radut