Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

Libros de texto, Novas de interese, Formularios útiles, Admisión. Matrícula

Libros de texto 2023/24

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2023/24 

Libro, Estudiar, Educación, Escuela

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA 2023/24

Ábrese o prazo para solicitar a participación no “Fondo Solidario de libros de texto: axudas para material escolar e libros de texto”

A información deste proceso pode consultarse na  Orde do 10 de maio de 2023.

Prazo de presentación de solicitudes:  Ata o día 21/06/20223

Formas de participación:

  • Telemáticamente a través da aplicación FONDOLIBROS. É necesaria a chave365.
  • Entrega presencial no centro en horario de secretaría (09:35 -10:20 de luns a venres).

Documentación que se debe aportar no caso da participación presencial:

  • Anexo I e II. Descargar neste mesmo enlace, imprimir, cumprimentar os apartados e asinar para poder ser entregado de xeito presencial.

Nota importante: O  Anexo II debe vir asinado por tódolos membros computables da unidade familiar. Ademais é preciso cubrir o Anexo II (continuación) e debe asinarse.

  • Copia do libro de familia con todos os membros computables da unidade familiar (so é preciso achegar esta documentación no caso de que o número de membros computables cambiase  recentemente, con data límite do 31 de decembro de 2022).
  • En caso de divorcio ou separación, copia da sentenza xudicial onde figure a custodia do menor (no caso de que non conste no centro).

Axudas para libros de texto:

-      Primeiro ciclo de educación primaria (1º e 2º nivel): en función da renda familiar, as axudas consisten na entrega de cheques para adquirir libros de texto por importe de 160 € ou 210 €.

-        Segundo ciclo de educación primaria (3º e 4º nivel): en función da renda familiar, as axudas consisten no préstamo de 4 ou 6 libros de texto.

-       Terceiro ciclo de educación primaria (5º e 6º nivel): non existen axudas  para libros de texto porque este ciclo está inmerso no proxecto ABALAR.

Axudas para material escolar: 

-          En función da renda familiar, as axudas serán de 60 € ou 75 € en tódolos cursos da educación primaria.

Cuestións a ter en conta: 

-          As familias con varios fillos/as no colexio deben cubrir unha única solicitude e incluílos a todos no mesmo documento.

-          O alumnado que remata 6º de EP debe entregar a solicitude no instituto ao que vai a ir. 

-          Ao entregar a solicitude no colexio xa se está participando tanto para libros como para material.

 

 

AUTORIZACIÓN BAIXADA DE BUS/SAÍDA DO CENTRO DO ALUMNADO DE 5º E 6º

No adxunto pódese descargar a autorización de baixar o alumnado só na parada de bus. 

Esta autorización é unicamente para o alumnado de 5º e 6º de primaria.

Unha vez cuberta, deberán entregala na dirección do centro para logo xestionala coa empresa de transporte correspondente.

Distribuir contido


by Dr. Radut