Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

Visitas (Saídas extraescolares)

SAÍDA EXTRAESCOLAR DO 2º CICLO Á ILLA DE SAN SIMÓN

O luns 13 de xuño o alumnado de 2º ciclo gozamos dunha saída á fermosa Illa de San Simón. O día comezou coa viaxe en autobús e posteriormente en barco, para poder chegar ao noso destino.
Unha vez que chegamos á illa fixemos un roteiro, onde nos explicaron a súa historia mentres visitabamos os lugares nos cales se desenvolveu a mesma.
Despois dun descanso para xantar e recuperar forzas, disfrutamos dunha busca do tesouro na que tivemos que poñer en uso todo o que nos contaron e vimos ao longo do roteiro.
Para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos, deixámosvos aquí unha pequena mostra dese día.

VER FOTOS


Bo verán a tod@s!

Visita ao Parlamento e Galicia Dixital

O día 2 de decembro os alumnos do 3º ciclo acompañados polos seus titores realizaron unha visita cultural ao Parlamento e a Galicia Dixital.Aos nenos e nenas de 5º serviulles de repaso e para demostrar todo o que aprenderon e estudaron no tema das Institucións da nosa Comunidade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut