Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

Dependencias

AS NOSAS INSTALACIÓNS

C.E.I.P. de Baño - Xanza en Valga

- O edificio principal vai cumprir cincuenta anos; foi construído na década dos 70. Nos derradeiros anos estase a intentar melloralo. Consta dunha gran planta baixa e dúas alturas e a súa ocupación é docente e administrativa. 

Ten dous patios cubertos, un deles para o uso do alumnado de educación primaria de 5º e 6º cando chove e anexo ao novo comedor; o outro é utilizado polo alumnado de primaria de 1º a 4º. Ten tamén un extenso patio de recreo con varios campos de deportes. 

Na zona norte encóntrase o patio cuberto que é empregado algunhas veces para as clases de Educación Física e sempre nos recreos como espazo de xogo.

- O edificio de Educación Infantil é de nova construción, rematouse no ano 2007. Ten unha soa altura, dúas entradas, e un patio de terra cun espazo de caucho anticaídas, mobiliario de parque infantil e un areeiro (instalados no ano 2011). É independente do de Educación Primaria, aínda que se comunica con el a través dunha rampla cuberta e unha cancela situada no lateral norte, ao fondo do mesmo.

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA USUARIOS DO COMEDOR ESCOLAR DO CEIP BAÑO ...

Distribuir contido


by Dr. Radut