Actividades biblioteca cursos anteriores

DÍA DE ROSALÍA 2016

O 24 de Febreiro é o día que naceu Rosalía de Castro e dende a biblioteca quixemos facerlle unha homenaxe cun recital poético no que o alumnado ademais de poemas desta autora, recitou poemas de Manuel María que é o autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

Pica na imaxe para ver o vídeo

SEMANA DAS MATEMÁTICAS NA BIBLIOTECA. Curso 14/15

Dentro da celebración "Novembro mes das ciencias en galego nas bibliotecas", dedicaremos a semana do 24 ó 28 a xogar coas Matemáticas na nosa biblioteca, durante os recreos. Aquí tedes o programa:

 

BIBLIOGRAFÍA PARA O PROXECTO "FLORA E FAUNA DE GALICIA". Curso 14/15

Na entrada da biblioteca está exposta unha selección de recursos que podedes consultar para traballar no proxecto colectivo: "FLORA E FAUNA DE GALICIA":

 

 

UN LIBRO, UN AMIGO 13/14

Atopamos este folleto do autor e ilustrador Xan López Domínguez na biblioteca, pareceunos unha pequena xoia que queremos compartir con todos vos.

Pica na imaxe para velo

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2014

Cada ano un ilustrador-a diseña un cartel e un autor-a escribe un texto para conmemorar o día internacional do libro. Aquí tedes unha imaxe do cartel e o texto deste ano, tamén están as portadas dos libros que puxemos no expositor da entrada e que falan sobre a lectura, os libros e as bibliotecas.

 

MONTAXE DE IMAXES PARA O DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 13/14

 Carteis para o día do libro realizados polos alumnos-as de 6º curso coa técnica de montaxe de imaxes.

 

 

 

RECITANDO A ROSALÍA 13/14

O luns 24 de Febreiro, celebramos o "Día de Rosalía", recitando poemas da autora galega. Participaron todos os cursos dende os 3 anos 6º con diferentes tipos de interpretacións:cantados, recitados, dramatizados...

VER FOTOS DO RECITAL DE ROSALÍA

VISITA DE TEO CARDALDA E OS MÚSICOS DO FOGAR DO PESCADOR 12/13

O día 16 de Maio visitou o noso cole o autor do libro "Vilaxoán de Arousa, a realidade dun pobo", Teo Cardalda. Previamente os alumnos-as de sexto estiveran investigando sobre a historia de Vilaxoán e traballaron tamén co seu libro. As clases que asistiron a súa charla foron 4ºs, 5º e 6º.

Veu acompañado dos músicos cos que se reune no fogar do pescador e cantaron e tocaron para todo o alumnado do cole.

Foi unha actividade moi interesante para todo o alumnado e os maiores coñeceron a historia e as repercusións da unificación dos concellos de Vilaxoán, Vilagarcía e Carril, para formar o concello único de Vilagarcía de Arousa, xa que estes días se conmemorou o centenario desta data.

ACTIVIDADES SOBRE ROSALÍA DE CASTRO 12/13

O alumnado de 1º, 2º e 3º pasou pola biblioteca para ver un video de "Adiós, ríos; adiós, fontes" na voz de Amancio Prada. Falamos da vida e a época na que viviu Rosalía.

O alumnado de 4º veu a biblioteca a buscar información sobre a escritora.


Aquí tedes un enlace á canción "Adiós ríos, adiós fontes" interpretada por Amancio Prada.

DÍA DE ROSALÍA 12/13

O domingo 24 de Febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro. Este ano ademais celébrase o 150 aniversario da publicación do seu libro: “Cantares Gallegos”.

 

Aquí vos deixamos un enlace ó blog “Esquío” con moitos recursos sobre a nosa autora.

E nestes vídeos podedes seleccionar o que consideredes máis interesante para traballar na aula.

                          

Distribuir contido