Saídas didácticas cursos anteriores

EXCURSIÓN E. INFANTIL GRANXA SERANTELLOS 10/11

O Mércores 18 de Maio os nenos e nenas de Educación Infantil realizamos a nosa excursión de fin de curso, fomos a granxa Serantellos.

Alí estivemos cos animais e poidemos tocalos, regamos as prantas da horta e collimos guisantes tamén fixemos pan.

 

Xantamos na granxa e despois de xantar estivemos xogando.

Foi moi divertida a excusión e chegamos moi cansos á casa.

É MENTIRA 10/11

O pasado día 14 os nenos e nenas de segundo, terceiro e cuarto do  colexio achegámonos ata Pontevedra para visitar o salón do libro que este ano levaba por título "É mentira".

Durante a visita ensináronos as distintas salas, nalgunhas vimos como utilizan a mentira os personaxes dos contos ou como a realidade pode ser non tan real como nos parece.

Tamén aprendimos unha chea de cousas dunha escritura infantil e xuvenil de Vilagarcía: Gloria Sánchez, homenaxeada nesta edición.

Coñecimos algo máis do proxecto Microscopio da Asociación de Filosofía para Nenos, recordando a antigos compañeiros do noso colexio.


Despois de saludar a Orbil ( a mascota do salón), ver os distintos traballos feitos polos nenos/as sobre a mentira e gozar da lectura dalgún que outro libro, tivemos que voltar ó cole.

VISITA A "LA VOZ DE GALICIA" 10/11

O pasado 1 de Febreiro os nenos e nenas do terceiro ciclo de primaria realizamos unha visita á delegación que a "La voz de Galicia" ten en Vilagarcía, onde se realiza parte da edición de Arousa deste xornal.

Ao chegar percorremos as distintas dependencias da delegación para coñecer o traballo que se realiza en cada unha delas. Posteriormente un redactor explicounos proceso de maquetación do xornal e atendeu a todas as nosas preguntas e aclarounos as dúbidas sobre como se elabora un xornal.

 

Na edición de "La voz de Galicia" do día seguinte apareceu unha pequena reseña da nosa visita. Se queres ver o que dixeron de nos pica sobre a foto.

O DÍA MUNDIAL DA INFANCIA 10/11

O venres os alumn@s de 5º e 6º celebramos o día Mundial da Infancia no pavillón de Baión. O acto estaba organizado por Unicef e a asociación O Castro. Coincidimos alí con alumnos de colexios de toda Galicia.

O acto empezou con xogos e cancións, vimos un video sobre os dereitos da infancia e despois os nenos representantes de cada colexio leron os seus traballos sobre o dereito que cada colexio traballou previamente. Estiveron presentes tamén representantes políticos como o alcalde de Vilanova e outros. Ao final déronnos unha merenda e levamos tamén unha camiseta. Foi unha mañá moi divertida.

VISITA AO CGAC 10/11

 O 26 de outubro o alumnado do 3º ciclo realizamos a nosa visita anual ao Centro galego de Arte Contemporáneo.

Ao chegar dividímonos en dous grupos,  para visitar distintas zonas do museo acompañados dos guías que nos explicaron as cousas que estaban expostas. nas diferentes salas. Como actividade final, realizamos un debuxo sobre o que levaríamos a un búnker en caso de guerra.

Tras a visita ao CGAC, Area Central foi o lugar elixido para xantar e pasar un rato de lecer.

DÍA MUNDIAL DO ALZHEIMER 10/11

Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, os nenos e nenas do 2º ciclo fomos a Vilagarcía a pintar sobre unha tea de 20 metros.

Foi moi divertido porque podíamos pintar o que máis nos gustara e así colaboramos tamén coa asociación AFASAL (que axuda a moita xente con esta enfermidade no noso pobo) recadando cartos coa venda, por anacos, deste xigante lenzo que tódolos nenos e nenas dos coles de Vilagarcía axudamos a pintar.

Ademáis estaban alí importantes pintores da zona e acudíu ao acto a alcaldesa.

Para rematar a nosa xornada convidáronnos a iogures, natillas... coas que recuperar as forzas.

EXCURSIÓN A VIGO

 O martes 15 de xuño foi o día no que o alumnado do segundo e terceiro ciclo de primaria realizou a súa excursión de Fin de Curso. O destino escollido para a mesma foi Vigo.

As doce da maña o grupo de excursionistas dividiuse en dous. Unha parte do grupo formada polo alumnado de sexto dirixiuse a zona do Areal vigués para visitar as "Salinas", alí unha monitora explicoulles os elementos desta instalación do Museo do Mar e un pouco do proceso de obtención do sal da auga mariña.

Por outro lado a parte mais numerosa do grupo realizou unha visita a sede central do Museo do Mar onde visitaron parte das salas oceanográficas, da exposición permanente e do acuario, acompañados en todo momento das monitoras do museo.

Para xantar achegáronse ata a praia de Samil, onde ademais de repoñer forzas, xogaron e pasearon.

A parte didáctica do serán foi a visita ao Verbum ( Casa das Palabras), nel realizaron distintas actividades  interactivas nas salas do museo e posteriormente participaron nun taller  no que aprenderon os sistemas de comunicación empregados polas persoas cegas e polas persoas xordas.

VISITA AO PORTO DE VILAGARCÍA

O alumnado do terceiro ciclo realizou unha saída didáctica ao Porto de Vilagarcía de Arousa.

O primeiro que visitaron foron as dependencias dun barco hospital, para a continuación realizar un percorrido polas distintas dependencias do porto, a guia que lles acompañou na visita foi a encargada de explicarlle as diversas actividades que se realizan en cada unha destas dependencias.  

EXCURSIÓN A APÓPOLIS

O xoves 3 de Xuño os nenos e nenas de Educación Infantil realizaron a súa  excursión de fin de curso. O seu destino foi Apópolis, unha granxa apícola, onde aprenderon moitas cousas relacionadas co mundo das abellas.

Todos vestíronse co traxe da apicultor e viron moi de preto as abellas, aprenderon a recoller o mel e coñeceron moitos dos produtos que fan as abellas.

Pasáronlo moi ben.  

EXCURSIÓN A SANTIAGO 1º CICLO

O 1 de Xuño os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria realizaron a súa excursión de Fin de Curso. A primeira hora da maña saíron do colexio con destino Santiago de Compostela para visitar os tellados da Catedral dende onde contemplaron unhas fermosas vistas da cidades.

A continuación realizaron un percorrido por Galicia Dixital.

O parque do Auditorio foi o lugar escollido para xantar, celebrar os aniversarios e pasar a tarde, antes de regresar ao colexio.

Distribuir contido