Saídas didácticas cursos anteriores

PLENO INFANTIL 2019. CURSO 2019/2020

O 20 de Novembro por mor do Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas, celebrouse no Concello de Vilagarcía o pleno infantil ao que asistíu o alumnado de 6º do noso cole.

 

Kiara Escobar, Álvaro Céspedes, Álvaro Ponce e Evelyn Da Cruz forón os concelleiros que nos representaron e falaron do dereito que temos os nenos e nenas a xogar.

As nosas compañeiras Lúa Vidal e Aldara Casás foron entrevistadas polo Canal Rías Baixas.

VER FOTOS PLENO INFANTIL 2019

EXCURSIÓN AO ECOPARQUE DE MARÍN. Curso 2015/2016

Como excursión de fin de curso o alumnado de 5º de primaria gozamos dun día de aventuras en contacto coa natureza no Ecoparque de Marín.

A actividade comezou cunha pequena charla teórico práctica na que nos explicaron as normas básicas de seguridade, o emprego dos mosquetóns (sempre tiñan que estar enfadados para evitar accidentes) e a utilización do moucho para deslizarnos polas tirolinas.

Unha vez aprendidas todas estas cousas aplicamos os coñecementos nos xogos e nas tirolinas do parque.

Foi unha excursión moi divertida.

VER FOTOS ECOPARQUE

CONCERTO DIDÁCTICO DE PELÍCULA. Curso 2015/2016

O venres 11 de Marzo todo o alumnado de primaria achegámonos ata o Auditorio de Vilagarcía para asistir a un concerto didáctico realizado pola banda municipal.

Nel faláronnos dos distintos instrumentos que forman parte da orquestra e das súas características. Foi un concerto "de película" xa que todas as obras interpretadas polos músicos forman parte das bandas sonoras de películas moi coñecidas.

Pasámolo moi ben.

VISITA AO PAZO DE RUBIÁNS 5º. Curso 2014/2015

 

      

        

 

                        

 

                                                                                                                                                                               

VISITA AO SEXTO EDIFICIO DO MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. Curso 2014/2015

O martes 25, os alumnos de 5º e 6º visitaron O Sexto Edificio do Museo Provincial de Pontevedra. Os alumnos-as de quinto viron a exposición de Castelao e os alumnos-as de 6º a de "Trazos da Arte Contemporánea" na que estaban obras de Luis Seoane, Laxeiro, etc...

Foi unha visita guiada polas asesoras do museo que nos descubriron novas formas de mirar os cadros. Unha saída moi interesante e motivadora.

VER FOTOS SAÍDA AO MUSEO

PLENO INFANTIL 2014. Curso 2014/2015

O 20 de Novembro, o alumnado de 6º asistimos ao pleno infantil celebrado no Concello de Vilagarcía.

Os nosos concelleiros foron Carlota Blanco, Antía Gómez e Damián Pombo que defenderon na súa proposta a promoción do Dereito de Igualdade.


VIAXE A CORRUBEDO 13/14

O día 11 de xuño os alumnos e alumnas de 3º fixeromos unha saída ó Parque Natural das dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, para completar a investigación sobre este espazo natural que estivemos facendo ó longo do curso, como parte do proxecto do centro “Coñece a túa terra”.

Fixemos dúas rutas con guía polo parque para ver a duna móbil e observar plantas, animais e  distintas formas de relevo costeiro.

Tamén visitamos o CIELGA (Centro de Interpretación do Litoral galego), no que realizamos as seguintes actividades:

  • Asistir a unha charla e ó visionado dun video explicativo a cargo dun dos biólogos do Parque.
  • Completar un cuestionario elaborado polos nosos titores/as con datos que debiamos buscar na exposición permanente que alí se amosa.

Nesta saída tamén nos acompañou Claudia, a nosa profesora de Inglés. Gustounos moito a todos/as e aprendemos moitas cousas.

EXCURSIÓN ÁS TORRES DO OESTE 13/14

Como este curso os nenos e nenas de Educación Infantil estivemos investigando sobre os Viquingos, para poñer fin ao proxecto realizamos unha excursión ás Torres do Oeste de Catoira, lugar visitado polos viquingos.

Recolleunos no cole un autobús que nos achegou ata a estación de tren de Vilagarcía, xa que o tren foi o medio de transporte que empregamos para chegar a Catoira.

Na estación de Catoira recibiunos Manuel que levounos a ver dous Drakkar como os que utilizaban os viquingos e as Torres do Oeste onde fixemos unha pequena parada para coñecelas e para repoñer forzas coa merenda.

Regresamos ata a estación, para colle o tren de volta a Vilagarcía, dando un pequeno paseo e facendo unha paradiña no parque para xogar un pouco.

Pasámolo moi ben!!

EXCURSIÓN Á PREHISTORIA 13/14

O venres 30 de Maio o alumnado do 2º e 3º ciclo de primaria realizou a súa excursión de fin de curso ao Parque de Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campolameiro.

Organizados en varios grupos realizaron un pequeno percorrido para ver os petróglifos que se atopan en distintos puntos do parque, durante este percorrido os monitores explicaron como foron atopados os petróglifos, as distintas categorías nas que se clasifican, cales son os posibles significados dos mesmos e outras curiosidades desta arte rupestre.

Os nenos e nenas pasearon por unha reprodución dun poboado da Idade de Bronce, entraron nas chozas e contemplaron os instrumentos, utensilios e outros aparellos dos seus habitantes.

Tamén tiveron a oportunidade de internarse no labirinto.

A actividade completouse coa visita ao museo onde lles explicaron as distintas fases dunha escavación arqueolóxica e os instrumentos e técnicas utilizados para estudar os petróglifos, viron restos arqueolóxicos atopadas nas escavacións do parque e reproducións de xoias e armas deste período prehistórico, finalmente asistiron a unha proxección na que se comparaban os petróglifos atopados en distintas partes do mundo.

PLENO INFANTIL 2013

Un ano máis para conmemorar o Día do Neno celebrouse no concello de Vilagarcía de Arousa o Pleno Infantil ao que foron convidados os alumnos e alumnas de 6º do noso cole.

Este ano os representantes escollidos para ser os nosos representantes como concelleiros foron: Alba Sánchez, Loaira e Mohamed.

Os tres tras tomar posesión do cargo expuxeron as súas ideas, propostas e peticións.

Distribuir contido