Educación Física

XOGAMOS: PRIMEIROS AUXILIOS

Comproba todo o que sabes sobre os Primeiros Auxilios con este Xogamos?

Se non podes ver ben o xogo pulsa aquí e verás os xogo nunha nova xanela.

Só funciona en ordenadores coa maqueta ABALAR ou que teñan instalado un emulador FLASH.

BRINCALETRAS: PRIMEIROS AUXILIOS

Aquí tedes un Brincaletras para comprobar os vosos coñecementos sobre os Primeiros Auxilios

Se non ves ben o xogo pica aquí e abrirase nunha nova xanela.

CHARLA DO SERVIZO DE EMERXENCIAS DE GARDACOSTAS DE GALICIA

O 18 de Abril, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria participou nunha charla impartida por un membro do Servizo de Emerxencias de Gardacostas de Galicia, como complemento ao traballo realizado nas clases de Educación Física sobre primeiros auxilios.

O rescatador do helicóptero deste servizo explicounos en que consiste o seu traballo, ensinounos o material que se utiliza nun rescate e falounos do máis importante nestes casos: A PREVENCIÓN.

Así, o alumnado do noso centro, aprendeu aspectos a considerar ante as situacións de perigo no mar e a prestar axuda da mellor maneira posible neste tipo de emerxencias.

VER FOTOS CHARLA SERVIZO DE EMERXENCIAS

LIM: EDUCACIÓN VIARIA

Para aprender moitas cousas sobre os sinais e as normas de circulación podes realizar estas actividades LIM.

Pica na imaxe para abrir a actividade

XOGAMOS: EDUCACIÓN VIARIA

Comproba todo o que sabes sobre os sinais e as norma de circulación con este Xogamos?

Se non podes ver ben o xogo pulsa aquí e verás os xogo nunha nova xanela.

Só funciona en ordenadores coa maqueta ABALAR ou que teñan instalado un emulador FLASH.

OS DEPORTES PARALÍMPICOS. CURSO 2017/2018

Para conmemorar o Día Internacional das persoas con discapacidade o alumnado de 6º elaborou unha presentación de diapositivas sobre os deportes paralímpicos.

COÑECENDO O BALONCESTO

O clube de baloncesto Vilagarcía estivo estes días no cole para achegar este deporte ao alumnado de primaria.

A actividade foi realizada en tres sesións de media hora de duración cada unha delas. Na primeira, realizada o martes 10 de outubro participaron os nenos e nenas de 1º e 2º. O martes 17 foi a quenda do alumnado de 3º e 4º e o xoves 19 puxeron punto e final á actividade os alumnos e alumnas de 5º e 6º.

Todos eles participaron en diversos xogos e actividades de dominio do balón, bote, tiro a canastra, roubo de balón e defensa... adaptados sempre a idade dos participantes.

VER FOTOS

EXHIBICIÓN DE TAEKWONDO E ZUMBA

O 27 de Setembro tivemos no cole unha pequena exhibición de taewkondo e de Zumba, á que asistiu o alumnado de Educación Infantil 4 e 5 anos e todo o alumnado de primaria.

A actividade comezou cunha breve explicación sobre a historia do taekwondo e as formas de competición e proseguíu cunha exhibición de técnica e de combate.

A continuación tivemos unha pequena clase de zumba na que o alumnado moveuse seguindo os pasos da monitora.

Para finalizar dous dos nosos compañeiros, Xoel de 4º A e Sergio de 6º B mostráronnos as súas habilidades no taekwondo.

VER FOTOS EXHIBICIÓN DE TAEKWONDO E ZUMBA

XOGAMOS: ACTIVIDADES DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE

Comproba todo o que sabes sobre as actividade deportivas realizadas ao aire libre con este Xogamos?

Se non podes ver ben o xogo pulsa aquí e verás os xogo nunha nova xanela.Só funciona en ordenadores coa maqueta ABALAR ou que teñan instalado un emulador FLASH.

LIM ACTIVIDADES DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE

Para aprender moitas cousas sobre as actividades deportivas realizadas ao aire libre podes realizar estas actividades LIM.

Pica na imaxe para abrir a actividade

Distribuir contido