Magosto

MAGOSTO 2013

Coa chegada das castañas é o momento de celebrar no cole o Magosto, e máis este ano que estamos a Coñecer a Nosa Terra e as súas festas.

Durante toda a semana convidamos a pais, nais e outros familiares a que se acheguen ata o cole á hora do recreo para que ensinen ao alumnado a bailar a buxaina.

O martes 12 celebramos o Magosto. Antes de pasar un rato divertido participando nos xogos populares organizados no patio achegándonos ata a fogueira para ver como pais e nais do ANPA asaban as castañas.

A continuación celebrouse unha exhibición de buxaina na que participaron alumnos e alumnas de todos os cursos, algún profesor e varios pais.

A xornada rematou comendo as castañas e bebendo zume.

VER FOTOS MAGOSTO 2013

MAGOSTO 12

O martes 13 de Novembro celebramos o Magosto no cole.

No momento de baixar ao patio achegámonos a ver como asaban as castañas, para despois dirixinos ao outro patio para participar nos xogos populares: carreira de sacos, bolos, buxainas, tragacastañas, levar o aro, zancos...

Despois de xogar chegou o momento de comer as castañas e beber uns zumes.

VER FOTOS MAGOSO 12

AS NOSAS CASTAÑAS

Este ano para celebrar a chegada do outono, cada un dos nenos e nenas do cole ( e tamén algunhas profes) fixeron uns broches con forma de castaña que levarán postos a semana do 14 ao 18 de Novembro para adornar as súas vestimentas.


MAGOSTO 2010

 O Venres 12 de Novembro celebramos o Magosto no cole.

Non tivemos moita sorte co tempo, xa que estivo un día de choiva polo que non puidemos participar nos xogos populares que estaban previstos.

O que si fixemos foi comer as castañas que asaron os pais e nais do ANPA e unhas "pulgas" de chourizo que estaban moi ricas, todo acompañado de zumes.

MAGOSTO 09

 O mércores 11 de novembro foi o día no que celebramos o Magosto no cole.

Nas primeiras horas da mañá elaboramos os nosos cucuruchos e fixemos traballos sobre este froito de outono para expoñelos no corredor da entrada xunta a nosa mascota desta festa "Castañita".

As once baixamos ao patio para participar nos xogos populares organizados polos nenos e nenas de sexto: bolos, dar de comer aos tragacastañas, guiar o aro, carreiras de sacos, chapas, zancos...

Unha vez rematados os xogos achegámonos ata a zona do patio na que os pais e nais da ANPA estaban asando as castañas, alí ao carón do lume entoamos unha canción dedicada a esta festa tradicional galega.

E por fin chegou o momento de comer as castañas que este ano estiveron acompañadas por uns boliños "preñados" de chourizo e de zumes.

MAGOSTO 08

O venres 14 de Novembro celebramos o tradicional MAGOSTO no colexio.

Os nenos e nenas abriron o apetito participando nos Xogos Populares organizados no patio e que foron controlados polo alumnado de sexto.

Lanzaron castañas á boca dos tragacastañas, intentaron tirar tódolos bolos, saltaron nas carreiras de sacos, mostraron a súa habilidade guiando o aro e mantendo o equilibrio sobre os zancos, xogaron coas chapas...

 

 

 

Mentres o alumando xogaba asáronse as castañas, para esta tarefa contamos coa colaboración de varios membros da ANPA do cole.

 

Distribuir contido