Carreira de Campo a través. Programa Xogade

Mañán, sábado 30, celebrarase en Mondego (Sada), en horario de mañá, a carreira de campo a través do programa Xogade. O bus para ir á cita, sairá do colexio ás 10:00h (prégase puntualidade). A Chegada de volta no bus está programada para as 13:00h. aproximadamente.

Para a actividade os nenos e nenas deberán levar:

  • Roupa e calzado adecuado para correr (a poder ser que veñan vestidos con ela.
  • Unha toalla.
  • Unha muda completa: pantalón, camiseta, calcetíns e incluso outro calzado, xa que é moi probable que acaben mollados.
  • Poden levar merenda e auga, para despois da carreira.
  • Roupa de abrigo para poñer antes e despois da proba.

Un saúdo.

Back to top