RESERVA DE PRAZA NO IES XOSÉ NEIRA VILAS

Á ATENCIÓN DAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA

Xa está aberto o prazo de solicitude de reserva de praza para continuar os estudos no IES XOSÉ NEIRA VILAS: do 1 ao 15 de febreiro de 2018

O formulario pode ser cuberto de xeito manual e entregalo na Secretaría do CEIP Valle Inclán ou a través da aplicación informática “admisionalumnado”,   no menú Solicitudes - Reserva - Crear solicitude de reserva.

A formalización de matrícula será no IES Xosé Neira Vilas do 25 de xuño ao 10 de xullo.

No caso de querer cursar a ESO noutro IES, deberá presentar a solicitude de admisión no Instituto da súa elección do 1 ao 20 de marzo.

Back to top