Día da Paz

Co motivo do día da Paz, imos celebrar de novo a carreira solidaria e a recollida de alimentos a favor da " Fundación Padre Rubinos" de A Coruña.

Para isto, todas as familias que queirades colaborar de xeito voluntario, podedes traer alimentos non perecedeiros coma legumes, café, cereais, pasta ... tamén produtos de aseo coma dentífricos, xel, xabón...

A recollida farase dende mañán mércores 24 ata o martes 30, día no que virá ao colexio, un representante da Fundación e farémoslle entrega do recadado.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración!   

Back to top