Publicada Listaxe Provisional de Admitidos FondoLibros

A partires de hoxe xa están publicadas as listaxes provisionais de admitidos en FondoLibros.

Estas poderanse consultar a través da aplicación fondolibros, con certificado dixital ou Chave 365.

De forma presencial no taboleiro de anuncios do Centro.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

As listaxes definitivas faranse públicas a partires do día 13.

A recollida dos vales de terceiro (3º) a sexto (6º) será desde o día 13 ata o día 24 de xullo.

Os libros entregaranse no mes de setembro, segundo instrucións da Consellería.

Os vales de axuda para primeiro (1º) e segundo (2º) de Educación Primaria estarán dispoñibles a partires de hoxe na secretaría do Centro.

AVISO IMPORTANTE: Os vales son nominativos, é dicir, saen a nome da persoa que fixo a solicitude. Por iso deben recollelos as persoas que o solicitaron. 

Back to top