Dinamización da Biblioteca (DB)

Dinamización da Biblioteca

A RA DE TRES OLLOS

É o título do conto de Olga de Dios que versionamos para celebrar o DÍA DO LIBRO:

 

Non deixes de visitar o noso Blog para ver todo o que a biblioteca do cole pode ofrecerche! Blog Bufolector

Día da Poesía

Pincha na imaxe e verás que no Sofía Casanova hai futuro como poetas e poetisas:

Día da poesía

A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA

A nosa biblioteca ten moito que ofrecerche, da man da nosa mascota, O BUFOLECTOR, vivirás un montón de aventuras e descubrirás novos mundos.

Pincha na imaxe e transpórtate ao noso blog. 

Biblioteca

CELEBRANDO O DÍA DA POESÍA DENDE A CASA

Ola, rapaces e rapazas, papás, mamás, avós, avoas, mestres e mestras ... do Sofía Casanova.

A poesía dende o punto de vista literario é a canle por excelencia para expresar os nosos sentimentos, as nosas emocións, as nosas alegrías e tamén as nosas penas.

A UNESCO celebrou por primeira vez o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía durante a súa  30ª Conferencia Xeral en París en 1999. Nós tódolos  anos celebrámolo con moita algazara... este non vai ser menos.

Por culpa dun virus temos que estar na casa, iso non quere dicir que quedemos sen celebración, todos xuntos podemos.

Dende esta pequena ventá invito a toda a comunidade do  Ceip Sofía Casanova a visitar o meu blog e a participar. 

Un bufobico a todos e todas, e xa sabes...

#EUQUEDONACASA

Distribuir contido