Animación á lectura

NOVIDADES BIBLIO

Segue as nosas novidades no blog do Bufolector:

                             http://bufolector.blogspot.com.es/

 

Aproveitando que o tema escollido pola Biblioteca para ambientar este curso 2013-2014 é "O Universo", deixámosche aquí unha selección de actividades para que viaxes polo espacio:

 

                                

Participación das familias nas actividades da Biblioteca

Aberta a participación de familias nas activades da biblio. Ademais dos contacontos en familia e dos retos, agora podedes inscribirvos no club de lectura de adultos e nas mochilas viaxeiras familiares.

Entra no blog Diario dun Bufolector para obter toda a información.

CELEBRANDO O DÍA DA POESÍA DENDE A CASA

Ola, rapaces e rapazas, papás, mamás, avós, avoas, mestres e mestras ... do Sofía Casanova.

A poesía dende o punto de vista literario é a canle por excelencia para expresar os nosos sentimentos, as nosas emocións, as nosas alegrías e tamén as nosas penas.

A UNESCO celebrou por primeira vez o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía durante a súa  30ª Conferencia Xeral en París en 1999. Nós tódolos  anos celebrámolo con moita algazara... este non vai ser menos.

Por culpa dun virus temos que estar na casa, iso non quere dicir que quedemos sen celebración, todos xuntos podemos.

Dende esta pequena ventá invito a toda a comunidade do  Ceip Sofía Casanova a visitar o meu blog e a participar. 

Un bufobico a todos e todas, e xa sabes...

#EUQUEDONACASA

XA TEMOS BLOGUE DA BIBLIO!!!!

SE QUERES MAIS INFORMACIÓN SOBRE A NOSA BIBLIOTECA VISITA O NOSO BLOGUE: DIARIO DE UN BUFO LECTOR

O BUFOLECTOR DE VIAXE

Hai uns días recibimos unha carta do noso amigo o BUFOLECTOR.  Se queredes lela, velaí a tedes:

24 de Outubro "Dia mundial da Biblioteca"

Día Mundial da Biblioteca

O 24 de outubro celébrase o Dia Mundial da Biblioteca. O Bufolector súmase a esa celebración cunha exposición de libros de poesía que estará instalada na biblioteca esta semana. Tamén tedes un recuncho adicado ao escritor Álvaro Cunqueiro.

Estades invitados a baixar cós profes ou no recreo

ABRIMOS A BIBLIOTECA!!!

ABRIMOS A BIBLIOTECA!!!

Un novo curso e o Bufolector abre a Biblioteca do Colexio para que todos e todas podamos disfrutar da lectura.

Este outono a nosa mascota trae moitas novedades que as veredes nada máis entrar na Biblio: "El Pirata Garrapata en el museo del Prado","Maxi en Nueva York", "Los tres osos", "Qué locura, los deportes"..... e moitos máis.

Dende este martes xa podedes baixar cós profes a facer préstamos e levar os libros a casa. Lembrade que teñen que voltar igual que saen da biblioteca; é un préstamo e sodes responsables de coidar os libros que o Bufolector vos deixa levar a casa.

Cousas a lembrar:

Non comemos na biblioteca.

Na biblioteca estamos en silencio.

A biblioteca ten que estar ordenada. Deixamos o libro no mesmo sitio

A nosa biblio non é o patio, non se pode xogar.

O BUFOLECTOR ESPERA AS VOSAS VISITAS !!!

 

 

 

DÍA DO LIBRO

Este ano, para conmemorar o DÍA DO LIBRO, fixemos unha exposición de libros de DON QUIXOTE DA MANCHA, lembrando deste xeito que a data na que se celebra este día (23 de abril) foi cando morreu o xenial escritor Cervantes.

Para a exposición contamos coa axuda das familias que aportaron moitos libros e adornos relacionados coa temática, pero, sobre todo, moita ilusión, dende a biblioteca do cole queremos darlles as grazas a todos. En especial a unha familia que agasallounos cun mural de Don Quixote que está colgado na entrada da biblioteca.

CELEBRACIÓN DO DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo celebramos, no cole, o Día da Poesía, e aínda que houbo moitos participantes, os gañadores foron catro, NORABOA POLO VOSO TRABALLO!!!!

Ademáis destas catro, houbo moitas poesías fantásticas, se queredes velas podedes acercarvos pola biblioteca ou ben mirar a seguinte presentación:

VIOLETA MONREAL

O pasado luns  visitounos  a escritora e ilustradora VIOLETA MONREAL, autora de obras como "No quiero un dragón en mi clase",  "Los colores de Carlota", "El marciano azul", "El cuervo negro", "El fantasma blanco".... e ilustradora de outros moitos libros.

Gustounos moito  tela connosco, pero o que máis nos sorprendeu foi cando fixo "El error verde" de Paul Klee sen necesidade de coller unhas tesoira!!!! e mirade como lle quedou: 

 

El error verde de Violeta Monreal

Distribuir contido