Rutis-Vilaboa. Culleredo (A Coruña) - ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal - Tlf.: 881960290

8 M: FELIZ DÍA DA MULLER

Visita ao AQUARIUM FINISTERRAE

O 7 de marzo o alumnado de 4º de primaria realizou unha visita guiada ao Aquiarium Finisterrae. Adentráronse no mundo mariño dándolle de comer ás focas, vendo como se realiza a limpeza dos acuarios, analizando os ovos de melgacho e tantas outras cousas. Que ben o pasaron!!

RECICLAMOS A BATUKADA

Na primeira semana de marzo, o alumnado de quinto de primaria puido gozar dunha clase maxistral de Ecopercusión con Didier, dentro do Programa de Educación Musical e Artística do Concello de Culleredo.

Preme nas imaxes para acceder aos vídeos

 

Así foi o noso Entroido 2023

 Dende científicos tolos ata médicos, pasando por medicinas ata fenómenos atmosféricos,

a ciencia impregnou o noso entroido.

Mandadiños do Meco 2023

ACTIVIDADE SOLIDARIA

O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar pola PAZ. Nesta ocasión realizamos a carreira solidaria KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE de SAVE THE CHILDREN. O importe recadado coas doazóns realizadas polas familias ascende a 849,90 euros, que foron transferidos a dita ONG.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

Podedes ver as fotos deste día accedendo á GALERÍA.

FASE DE RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

A partir de hoxe, 16 de xaneiro, ata o 6 de febreiro, comeza o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

Tedes toda a información na páxina da Consellería, premendo AQUÍ.

A primeira parte do proceso é a de reserva de praza do alumnado de 6º de Educación Primaria para o IES ao que estamos adscritos, no noso caso, o IES Rego de Trabe.

O prazo de presentación de solicitudes de reserva (segundo os modelos ED550A e ED550Abis) comprende entre os días 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos inclusive.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderanse presentar solicitudes presencialmente no noso centro docente (en horario de Administración de 9:00 a 13:30 horas) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • A documentación para a presentación é a seguinte:

    1. Solicitude segundo o Anexo I da Orde (ED550A)

    2. Anexo I-bis (ED550Abis - Comprobación de datos e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora)

  • Documento acreditativo da representación: Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras, ou resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento (de ser o caso).
  • Comprobación de datos. Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos: DNI/NIE da persoa solicitante e, de ser o caso, DNI/NIE da persoa representante.

 A segunda parte do proceso é a de admisión de alumnado novo no noso centro.

O proceso de solicitude terá lugar entre o 1 e o 20 de marzo de 2023, ambos inclusive.

Serán utilizados os modelos ED550B e ED550B-bis para a solicitude.

VAI VAI 22

A última xornada lectiva do trimestre tivo un aire festivo.

A ANPA tramitou a visita dos Reis Magos e Papá Noel a todo o alumnado.

 

Logo do recreo, xuntámosnos no pavillón.

Preme AQUÍ para ver o vídeo que introduciu a festa, cuns intres do 2022.

 

A continuación, comemos as uvas (ou o escollido por cada neno e nena) ao ritmo das 12 BADALADAS.

Algúns profes actuaron cun BAILE para todos os nosos nenos e nenas.

Tamén cantamos unha PANXOLIÑA adaptada dunha canción de The Beatles todos xuntos.

Para coller forzas antes do baile libre degustamos un rico CHOCOLATE CON DOUS CHURROS.

 Proximamente, máis fotos na Galería

 

SEGUNDO PREMIO PARA O CLUB DE LECTURA DA BIBLIOTECA

A NOSA BIBLIO ESTÁ DE NORABOA!!

A Secretaría de Estado de Educación, pola que se conceden os Premios Clubes de Lectura Escolares correspondientes ao curso 2021-2022, ven de concederlle ao Clube de Lectura do Bufolector un dos segundos premios.

Preme o enlace para ver a entrega aos premiados AQUÍ.

3 DECEMBRO-DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Cada persoa ten as súas propias capacidades e limitacións e, baixo esta premisa, traballamos conceptos como a inclusión para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, para nós, a partir de agora, SUPERNENOS E SUPERNENAS.

Galería de imaxes

Distribuir contido