CMUS DE MÚSICA DA CORUÑA

Dende o CMUS Profesional de Música da Coruña pídennos que compartamos a seguinte información: O centro abre as súas portas para todos aqueles nenos e nenas nados entre 2008 e 2015 que queiran coñecer o centro e os distintos instrumentos que se poden estudar nel. Os días 3, 10 e 17 de marzo, en horario de 17:15 a 18:15, poderán asistir a ensaios das agrupacións do centro e, posteriormente, solicitar asistir a unha mostra dos instrumentos que máis lles gusten. Para participar nestas Xornadas deben cubrir este cuestionario antes do 23 de febreiro de 2023. Estades todos e todas convidados.