|
|||
Infórmase que a reunión coas familias do alumnado do 4º nivel de Educación Infantil realizarase o LUNS, 9 DE SETEMBRO, ás 17:00 HORAS na sala de usos múltiples do edificio de educación infantil. |
|||
|
|||||||||||
Comunicamos que dende de mañá, 3 de setembro, poderán pasar a recoller os vales de libros de texto e/ou material escolar aquelas familias ás que lle foi concedido. No caso de non poder recollelo a persoa solicitante terán que aportar unha autorización e fotocopia do DNI do/da solicitante e da persoa que recolle. |
|||
|
|||
Lembrade entrar no blog HABELAS HAINAS 7.0 para estar ao día das actividades relacionadas coa nosa lingua. |
|||
|
|||
Hoxe tiveron lugar as BUFOLIMPÍADAS como fin do proxecto de centro. Unha fermosa xornada de convivencia.
Aquí podedes acceder á montaxe dos DESFILES dos países e deportes. Aquí podedes acceder aos BAILES dos distintos países. |
|||
O alumnado de 6º de primaria, a través do programa EDUCULLEREATE do Concello de Culleredo, acudiu o mércores ao Monte Xalo para descubrir a riqueza patrimonial que nel se atopa.
|
|||
O martes pola tarde a Compañía Teatro do Andamio representounos A verdadeira historia dos tres porquiños. Unha sorte poder contar coa súa presenza.
|
|||