LeoClub 2º e 3º: "A escola dos piratas"
Na xuntanza do mes de xaneiro propuxo as actividades unha pirata amiga de Marta a protagonista do noso libro de Agustín Fernández Paz
Primeiro, falamos uns minutiños sobre o libro, do que trataba, dos personaxes, de si nos gustou, etc...
E logo... puxémonos "mans á obra!" Primeiro, cunha imaxe do noso cole fixemos uns barquiños de papel (xa que na lectura, o cole de Marta comezaba a moverse ata chegar ao mar).
Cando xa estaban os barquiños feitos tivemos que levalos ao mar soprando, soprando... e unha vez que chegaron ao mar, de volta ao seu punto de partida (coma o cole do libro que chegou ao mar e logo tivo que voltar a colina na que se situaba sempre).
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhxaiUTLHkCin2NonLBtHg4fs87xJmXMJl15Pn8zDXi4mk5zOz2TfsgYqZILhrflMDQTn_ytWlyU3r6x-e4z0iDNzRxopoO3N3evj54I1Kq-5bx-Yl7X-az5Y-sC7Gqx2hKLmfD9g8Sva0CWQ4lPPh8RLweYOV95LYEcaAYvyTmwez4bY3F1QMeGsISkMmf/w640-h296/IMG_20240110_162054.jpg)
E xa por último como na nosa aventura lectora todo resultara ser froito da imaxinación dos nenos e nenas dunha clase, decidimos facer desaparecer o que menos nos gustara do mundo. Escribimos e debuxamos o que queriamos facer desaparecer nunhas tarxetiñas, metémolas nunha caixiña e con moita imaxinación... conseguiríamos facelas desaprecer? Non desvelamos nada. Mirade o vídeo e descubrídeo vós mesmos, sorprenderédesvos moito!