IMOS AO INSTITUTO!!!

Xa falta menos para que o noso alumnado de 6º de Educación Primaria dea o salto ao Instituto!

Un gran cambio que temos que afrontar dende esta situación excepcional polo que seguramente vós e as vosas familias vos sintades máis ansiosos, inseguros, cheos de dúbidas...

Dende o Departamento de Orientación queremos apoiarvos, transmitirvos seguridade e tranquilidade e sobre todo queremos acompañarvos dende o cole.

A situación é moi diferente a doutros anos pero esto non vai a ser un impedimento para que sigamos estando ao voso carón.

Na semana do 15 ao 19 de Xuño levarei a cabo unha videoconferencia con cada un dos grupos de 6º de Educación Primaria na que farei unha presentación dos cambios  máis importantes de cara a E.S.O., materias que debedes cursar, materias optativas que debedes escoller, avaliación e recuperación... ademáis de tratar de resolver todas as vosas dúbidas. (Convocareivos con antelación a través dos voso/a titor/a)

 Aproveitarei tamén para vervos xa que vos teño que confesar que teño moitísimas ganas!!!

 Estou elaborando unha presentación para axudarvos a coñecer mellor a nova etapa e o cambios máis importantes da mesma. A presentación subirase á páxina web para que a podades ver antes da nosa reunión.

Polo de pronto deixovos unha guías para axudar ás familias no cambio de etapa (podedes visualizalas clicando nas seguintes imaxes ou nos arquivos adxuntos)

Familiasssss... estou segura que o ides facer xenial!!!

                                                           Una gran aperta a tod@s.

                                                                                        Rosa

  

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
22-folleto-paso-secundaria.pdf230.57 KB
GUIA PARA FAMILIAS por fin al ies MIO.pdf1.59 MB

Powered by Drupal - Design by artinet