2017/18

Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas escolares. No salón de actos realizamos diferentes actividades que podedes ver no seguinte vídeo. Nel recóllense desde ás dos días previos ata as de hoxe.

ÁLBUM DE FOTOS

ÁLBUM DE FOTOS

A biblioteca engalánase...

Como está próxima a data da súa festa, vaise preparando para a súa celebración, e así de bonita loce no noso cole. Que sorte temos!

 

Volta Junior

Onte os alumnos de 3º, 4º e 5º e 6º tivemos a ocasión de participar nunha actividade relacionada co ciclismo que leva por título "Vuelta Junior", levada a cabo como consecuencia da chegada da Volta Ciclista a España en setembro. A actividade consta de dúas partes e onte realizamos a primeira delas. Consistiu nunha parte teórica e outra práctica coa realización de probas e ximcanas no patio do cole. Aquí podedes ver algunhas imaxes da actividade.

Día das Letras Galegas 2018

Este ano adicouse esta celebración a María Victoria Moreno. Para homenaxeala quixemos decorar as escaleiras que suben ás aulas cos carteis de diferentes títulos da súa obra. Así de coloridas e bonitas quedaron. Tamén os alumnos de 3º B e 4º B recitaron dous dos seus poemas que podedes ver no vídeo.

Novidades Biblioteca Mes de Abril 2018

Xa están dispoñibles para todos os novos títulos das novidades da biblioteca. Non dubidedes en pasar por alí e botarlles un ollo. Seguro que vos gustarán!

ACROSPORT

ACROSPORT EN EDUCACIÓN FÍSICA No mes de abril os alumnos/as de 4º, 5º e 6º curso de Primaria traballaron ACROSPORT na clase de Educación Física.

O ACROSPORT é un deporte acrobático-coreográfico con exercicios que integran tres elementos fundamentais: Formación de figuras ou pirámides corporais. Habilidades ximnásticas como elementos de enlace entre unha figura e outra. Música que apoia a coreografía. Espectacularidade, vistosidade, dinamismo, forza e facilidade aparente son notas que definen ó ACROSPORT. Os alumnos/as estiveron moi motivados e estou moi orgullosa deles polo traballo realizado,xa que en apenas dúas semanas conseguiron realizar uns exercicios moi vistosos e ben feitos. Noraboa a todos e aquí vos deixo fotos e vídeos para que o recordedes, non están todos os grupos porque hai grabacións que non saíron ben pero é unha mostra do ben que traballáchedes.

A mestra de Educación Física.

Actividades de Educación Física

Hoxe queremos amosarvos unha sesión de Educación Física cos alumnos de 2º A onde se traballaron distintas habilidades e emocións. As actividades realizadas foron: "Seguindo a música" , "Aros musicais" e "Carreira de caracois" nas que se traballaron habilidades socioemocionais, resolución de conflictos e regulación emocional respectivamente. Ademais de aprender pasárono xenial!

Álbum Actividades de Educación Física 2ºA

Novidades Biblioteca mes de marzo 2018

Pois xa están aquí as novidades do mes de marzo para que non deixedes de pasar pola Biblioteca e mergullarvos nas súas páxinas. Xa sabedes pois, que vos están esperando!! Botádelle un ollo ao vídeo para ir elixindo o que máis vos gusta!

Sesións de xogos populares para os alumnos de 6º de primaria

Os días 21 e 28 de febreiro os alumnos/as de 6º curso de primaria cambiaron a clase de Educación Física por dúas sesións de Xogos Populares impartidas por Lito, o monitor do Centro Cultural Xaquín Lorenzo "Xocas" da Deputación de Ourense.

Na primeira sesión practicaron "A Porca" e "O Pino" no patio, e na segunda, fixeron xogos bailados. estivo fenomenal!!

Álbum de fotos das sesións de Xogos Populares   

Novidades da Biblioteca, xaneiro 2018

A nosa Biblioteca non deixa de medrar, e o pasado mes de xaneiro aumentou os seus títulos con libros e contos moi interesantes que seguro que vos encantarán. Non deixedes de ver o vídeo coa presentación dos mesmos, e por suposto de pasar pola biblioteca para desfrutalos.

 

Novidades da Biblioteca do mes de decembro 2017

A nosa biblioteca continúa a se actualizar mes a mes. deixámosvos as novidades do mes de decembro.

Novidades da biblioteca do mes de novembro

Aquí vos deixamos dous vídeos coas novidades do mes de novembro tanto para infantil coma para primaria. Moi pronto estarán dispoñibles na biblioteca, logo que rematen as obras e nola deixen chulísima, xa veredes! Non deixedes de estar atentos para ollar estas marabillas de libros e contos que xa forman parte da nosa biblioteca. Esperamos que vos gusten!

Powered by Drupal - Design by artinet